Slide A nosa orixe CAPÍTULO I Entender a excelencia de Aguas de Mondariz é entender a súa historia e percorrido de máis de 145 anos. Desde o descubrimento do manancial polos irmáns Peinador, pasando pola evolución e consecución das súas botellas, publicidade e recoñecementos, a marca modernizouse e reinventouse sen renunciar ás súas orixes. Dende 1873

Slide 1872 Os irmáns Peinador descobren o manancial de Gándara.

Slide

Declaración de utilidade pública

O PUNTO DE PARTIDA

As augas obteñen a declaración de utilidade pública e comeza así a historia da marca. O embotellado das augas dos mananciais de Gándara e Troncoso, xunto coa transformación dun espazo natural sobre o que se asenta o balneario, converte a vila nun destino de peregrinación para os que van tomar as augas nesa época.

1873

Slide 1905

Tras máis de trinta anos vendéndose como augas mineiro-medicinais en tendas de botica, iníciase a súa comercialización baixo a marca Aguas de Mondariz.

Slide

Vila termal

UNHA XOIA NO CORAZÓN DE GALICIA

Un ano antes, Enrique Peinador Lines sucede a seu pai Enrique Peinador Vela á fronte da empresa. Unha vez que se afirman as bases do balneario e a construción do Gran Hotel, os Peinador emprenden proxectos de maior envergadura destinados a converter Mondariz nun gran centro modélico de lecer e saúde. A construción do tranvía Mondariz-Vigo ou as obras do arquitecto Antonio Palacios como o hotel-sanatorio, o edificio «La Baranda» e a nosa grande icona, o pavillón de Gándara, configuran un lugar idílico e reordenan un novo espazo para o balneario e a vila.

1908

Slide CAPÍTULO I Orixe e expansión Fin dun ciclo CAPÍTULO II Renacemento CAPÍTULO III DESCARGA A NOSA HISTORIA EN PDF