Slide

CAPÍTULO III

Renacemento

A finais do século XX, Aguas de Mondariz rexorde a base de desenvolvemento e investigación. Constrúese unha planta embotelladora de última xeración sen perder a súa esencia. Moi pronto volve ter unha gran presenza no mercado nacional e internacional e pouco a pouco vólvese reactivar o movemento no balneario.

Historia

Slide 1980 - 1990

Diferenciación e innovación, estratexias para recuperar Aguas de Mondariz.

Slide A finais dos oitenta, Aguas de Mondariz instálase na actual e modernizada planta de envasado, unificando nun único lugar o embotellamento de Fuente del Val e Mondariz. Invístese en investigación e tecnoloxía para recuperar o mercado e prestixio de outrora. Pronto volve colocarse como referente no estado e a recibir numerosos recoñecementos; en 1998 outórgaselle o selo de Galicia Calidade.
Pronto vuelve a colocarse como referente el estado y recibir numerosos reconocimientos, en 1998 se le otorga el sello de Galicia Calidade.
Recuperando
o prestixio
NOVAS INSTALACIÓNS

Slide

MONDARIZ VERDE

En 1992 catalógase O Val do Tea, onde está situado o manancial de Gándara, dentro da Rede Natura 2000.
Desde entón camiñou firme cara á sustentabilidade e o respecto ao medio ambiente. En 1997 a compañía substitúe todos os seus envases de PVC polos actuais envases PET, moito máis lixeiros e totalmente reciclables.

Sustentabilidade

Mondariz Verde

Slide século XXI

En 2005, Aguas de Mondariz é a empresa de España que máis auga exporta. Desde entón non deixou de medrar a súa presenza por todo o mundo.

2000 - 2010

Slide

AMPLIACIÓN DE SABORES

Coa entrada do novo milenio, a marca renova a súa imaxe e logotipo sen perder a súa esencia nin a súa eterna ilustración do home e a botella. Ademais, en 2013, lanza os seus refrescos elaborados con auga mineral natural Mondariz.

Novas experiencias

Os nosos
produtos

Slide A MELLOR AUGA DO MUNDO A certificación ao sabor máis prestixiosa no ámbito mundial

No ano 2016, Aguas de Mondariz recibe por segunda vez o Diamond Taste Award. Convértese así na primeira auga do mundo en validar dúas veces esta distinción do iTQi.

Ver os nosos premios

Slide

Desde o seu nacemento, hai case 150 anos, Aguas de Mondariz caracterizouse por perseguir con tesón a excelencia nos seus servizos e produtos. Hoxe en día, os innumerables recoñecementos internacionais consolidárona como a mellor auga do mundo.

Case 150 anos de historia

Slide CAPÍTULO I Orixe e expansión Fin dun ciclo CAPÍTULO II Renacemento CAPÍTULO III DESCARGA A NOSA HISTORIA EN PDF