Slide Podes beber auga ou beber a mellor auga do mundo

AGUAS DE MONDARIZ

Agua mineral
natural sin gas

OS NOSOS GALARDÓNS Nin incolora, nin inodora, nin insípida. A auga mineral ten corpo, cor, sabor e pegada. Non anula ningunha outra bebida, senón que a complementa. Axúdanos a entender e separar os sabores. Devólvenos o padal a cero e o seu buqué permítenos volver empezar. A auga de Mondariz é rica en bicarbonato e axuda a ter unha dixestión lixeira; é versátil, ponlles un punto de graza ás comidas e achega o equilibrio necesario para a súa maridaxe con calquera prato. COMPRAR

Unha auga mineiro-medicinal equilibrada, de orixe pura, de granito antigo, que proporciona brillos dourados e amplifica a súa transparencia cristalina. A súa textura fina e amable dálle unha sensación táctil de frescor cunha entrada en boca sedosa que evoluciona de forma elegante.

Composición

 

A auga de Mondariz é unha auga de mineralización débil que constitúe unha excelente fonte de ferro para o organismo. Con dous litros ao día de auga de Mondariz cubriríase arredor do 20 % da cantidade diaria recomendada dese mineral. A súa dureza total aproximada é de 4,2 ºF e ten un pH aproximado de 6,5.

COMPOSICIÓN MINERAL (mg/l aproximados)
Mineiro-medicinal. Mineralización débil.
Residuo seco a 180ºC 177
Bicarbonatos (CO3H) 156
Cloruros (Cl) 15,2
Sulfatos (SO4) 1,7
Fluoruros (F) 0,5
Calcio (Ca) 7,7
Magnesio (Mg) 5,5
Sodio (Na) 49
Potasio (K) 5,1

O formato que mellor
se adapte a ti

Auga Mondariz sen gas preséntase en botellas de vidro de 0,33 l e 0,75 l. Nos seus envases PET, pódese atopar en seis formatos entre 0,33 l e 5 l.

Slide Pet Aguas de Mondariz foi a primeira empresa española en substituír o envasado PVC polo PET, o que permite unha total reciclabilidade e demostra o noso compromiso co medio.
Vidro Recupera os trazos modernistas do século XIX, época de maior esplendor de Mondariz, e ofrece múltiples vantaxes diferenciais tanto no ámbito da loxística como no da distribución.