Slide Podes beber auga ou beber a mellor auga do mundo

AGUAS DE MONDARIZ

Auga mineral
natural con gas

OS NOSOS GALARDÓNS Nin incolora, nin inodora, nin insípida. A auga mineral ten corpo, cor, sabor e pegada. Non anula ningunha outra bebida, senón que a complementa. Axúdanos a entender e separar os sabores. Devólvenos o padal a cero e o seu buqué permítenos volver empezar. Mondariz con gas ilumina os pratos delicados e asiste especialmente ben as carnes. COMPRAR

Auga mineral natural Mondariz con gas é unha auga pura con lixeiros ángulos minerais e de burbulla fina. Constitúe un magnífico complemento da saúde, o que lle confire a súa denominación mineiro-medicinal.

Composición

 

A auga de Mondariz é unha auga de mineralización débil que constitúe unha excelente fonte de ferro para o organismo. Con dous litros ao día de auga de Mondariz cubriríase arredor do 20 % da cantidade diaria recomendada dese mineral. A súa dureza total aproximada é de 4,2 ºF e ten un pH aproximado de 6,5.

COMPOSICIÓN MINERAL (mg/l aproximados)
Mineiro-medicinal. Mineralización débil.
Residuo seco a 180ºC 177
Bicarbonatos (CO3H) 156
Cloruros (Cl) 15,2
Sulfatos (SO4) 1,7
Fluoruros (F) 0,5
Calcio (Ca) 7,7
Magnesio (Mg) 5,5
Sodio (Na) 49
Potasio (K) 5,1

O formato que mellor
se adapte a ti

Auga Mondariz con gas preséntase en botellas de vidro de 0,33 l e 0,75 l.
Recupera os trazos modernistas do século XIX e ofrece múltiples vantaxes diferenciais tanto no ámbito da loxística como no da distribución.

Slide Vidro verde Mantense a cor verde que caracterizou durante toda a súa historia a Aguas de Mondariz. Esta cor, ademais de distintivo doutras augas, tamén tiña un significado práctico: manter as propiedades medicinais que debían gardarse da luz solar.