CORPORATIVO
Responsabilidad
Social Corporativa
A historia de Aguas de Mondariz é a historia dunha marca que, desde os seus inicios hai xa máis de 145 anos, se foi cargando de numerosos atributos e valores que a definen.
Máis aló dos beneficios saudables e do seu protagonismo histórico e cultural, a calidade e pureza dos seus produtos e o respecto pola contorna que a rodea son signos de identidade que identifican a compañía a partir dos compromisos que como empresa adopta día tras día.
Aguas de Mondariz defende un modelo de negocio de explotación e envasado de auga mineral sustentable. Por iso, a xestión do día a día segue unha folla de ruta que se concreta en catro compromisos fundamentais: optimización dos procesos produtivos buscando os consumos adecuados de materias primas e a eficiencia loxística; integración dos criterios de calidade e respecto ambiental na toma de decisións da empresa; implicación da contorna social nos seus compromisos, tendo en conta os diferentes perfís obxectivo cos que se ten relación (empregados, clientes, distribuidores, consumidores, provedores, entidades públicas, medios de comunicación, administracións públicas…); e responder ás prioridades e valores de clientes e consumidores.
Mondariz é unha compañía cun sólido compromiso coa protección da contorna, tanto no seu contexto social como ambiental, e emprega unha tecnoloxía que garante que o primeiro contacto humano co produto o realiza o consumidor final.
Mondariz es un producto de la más alta calidad, avalado por numerosos reconocimientos nacionales e internacionales. La calidad de su sistema de gestión está certificada por la certificación internacional de Gestión ISO 14000 y Galicia Calidade. Además, Mondariz es la primera empresa del sector en lograr la certificación europea EMAS III (Eco-Management and Audit Scheme).