Facebook aguasdemondariz Twitter @YoAguaMondariz Pinterest aguasdemondariz Flickr mondarizenelmundo Youtube AguasMondariz Instagram aguasdemondariz
  Expertos en medio ambiente e saúde debaten en mondariz sobre a xestión da auga mineral natural

Están en:

Expertos en medio ambiente e saúde debaten en mondariz sobre a xestión da auga mineral natural

08-10-2010

Os presidentes da Real Academia de Medicina, da Sociedade Española de Nutrición Comunitaria e da Sociedade Española de Médicos de residencias
disertarán sobre a vinculación da auga e a saúde.

ANEABE e ECOEMBES aportarán a súa visión sobre a xestión responsable da auga mineral natural e diferentes aspectos medioambientais relacionados

A Fundación Mondariz Balneario e a Universidade Internacional Menéndez Pelayo organizan este encontro os días 14 e 15 de outubro no Balneario de Mondariz.
Mondariz, 8 outubro de 2010. A xestión responsable da auga mineral natural e as súas implicacións na saúde será o eixe principal de debate do encontro que organizan a Fundación.

Mondariz Balneario e a Universidad Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) os próximos días 14 e 15 de outubro no Balneario de Mondariz.

O obxectivo destas xornadas é poñer en valor a auga mineral natural, desde a perspectiva medioambiental, da xestión sostible do recurso e desde a perspectiva da saúde, como produto de consumo saudable.

A auga e o medio ambiente será o tema central da primeira xornada de debate na que participarán a Secretaria Xeral da Asociación Nacional de Empresas de Agua e de Bebida Envasada (ANEABE), Irene Zafra, que destacará o compromiso do sector co medio ambiente,e a Directora de Relacións Institucionais de Ecoembalajes de España, Carmen Sánchez, que incidirá na realidade da xestión dos envases en España e, en concreto, nas empresas do sector.

Os perímetros de protección dos mananciais a mananciais, explotación sostible do recurso así como a xestión de residuos industriais no sector serán algúns dos temas de debate que centrarán esta xornada medioambiental que trata de sensibilizar sobre a importancia de preservar e xestionar adecuadamente os acuíferos.

Auga e saúde
A segunda xornada profundizará na relación existente entre o consumo de auga e a saúde.Para ello, expertos nacionais en materia de saúde, como o Presidente da Real Academia de Medicina, o Presidente da Asociación Española de Nutrición Comunitaria e o Presidente da Sociedad Española de Médicos de Residencias aportarán os seus coñecementos sobre a importancia da auga para a nutrición e para a saúde dos colectivos máis sensibles, a infancia e a terceira idade.
A Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia será a encargada de clausurar a xornadas xunto con o Vicerreitor da UIMP de Coordinación de Centros Docentes, Ángel Pelayo e o Presidente da Fundación Mondariz Balneario, Javier Solano.
Os asistentes ás xornadas realizarán unha visita ao Balneario de Mondariz e a planta de envasado de Aguas de Mondariz que presentará su Memoria de Sustenibilidade no marco das xornadas.
A Fundación Mondariz Balneario publicará as ponencias co obxectivo de que poidan ser consultadas por profesionais vencellados ao mundo da auga e da saúde, así como profesionais vencellados coa sustentabilidade medioambiental dos recursos naturais. Estas publicacións poderanse descargar tamén na páxina web da Fundación www.fundacionmondarizbalneario.org.
Vocación de futuro
A Fundación Mondariz Balneario ten como obxectivo principal que estas xornadas se convirtan nun punto de encontro para que profesionais de distintos ámbitos relacionados coa auga poidan compartir experiencias e intercambiar coñecementos.

peso: 
5
fecha: 
Vie, 2010-10-08
catalogo_destacado: 
No
 
 
 

comentarios

© 2009 Aguas de Mondariz Fuente de Val S.L. Todos los derechos reservados. Condiciones generales.