Facebook aguasdemondariz Twitter @YoAguaMondariz Pinterest aguasdemondariz Flickr mondarizenelmundo Youtube AguasMondariz Instagram aguasdemondariz
Renovamos acordo con Os Bolechas

Son:

Renovamos acordo con Os Bolechas

02-02-2015

Os seis famosos irmáns galegos, Carlos, as xemelgas Loli e Pili, Braulio, Sonia, Tatá e o seu can, Faísca, seguirán sendo a imaxe do noso envase para nenos, trala renovación do acordo que asinamos con Bolanda, a editorial que se encarga de  Os Bolechas. A botella de 33 cl, cun cómodo tapón deportivo para facilitar a inxesta da auga aos máis pequenos, pode adquirirse nos supermercados e en diferentes cadeas de alimentación como Gadis, Alcampo ou Eroski de Galicia. Con esta iniciativa, ofrecemos unha alternativa saudable e divertida para saciar a sede dos nenos, coidando ao máximo as propiedades únicas e inimitables da nosa auga mineral natural. En liña coas medidas adoptadas polas autoridades sanitarias para a prevención da obesidade infantil, a nosa marca segue apostando por hábitos de vida saudables desde a infancia.

 

Os Bolechas

Os Bolechas son unha familia creada por Pepe Carreiro no ano 2000 e que pronto se converteu nun auténtico fenómeno editorial na nosa comunidade, ata tal punto que en 2012 deron o salto á TVG cun espazo diario que se tornou en referente da programación infantil da cadea. Boa proba do seu éxito é o interese das televisións autonómicas de todo o estado por esta serie -emítese actualmente en máis de oito canles autonómicas- así como o salto ao país veciño. Desde este mes de xaneiro Os Bochechas -que é como se coñece esta familia en Portugal- emítese a diario na RTP, a televisión pública de Portugal para todo o país e para os países lusófonos de África. Un éxito que queremos compartir con Os Bolechas e toda a súa gran familia.

peso: 
5
fecha: 
Lun, 2015-02-02
catalogo_destacado: 
No
 
 
 

comentarios

© 2009 Aguas de Mondariz Fuente de Val S.L. Todos os dereitos reservados. Condiciones xerais.