Son:
A historia de Mondariz é a dunha marca que, co paso dos anos, tense cargado de atributos que a definen: Mondariz representa a elegancia e distinción herdada dun protagonismo histórico e cultural que nos esforzamos por recuperar de forma activa; representa, ademais, a ecoloxía e a sostibilidade, a través dos compromisos que adoptamos no noso entorno, situado dentro da Rede Natura; e é símbolo inequívoco de saúde, polas súas augas mineromediciñais que foron consumidas contra múltiples doenzas ó longo do tempo e das que nos ocupamos de difundir as súas propiedades.
Mondariz é tamén Galicia. Porque exercemos como galegos día a día, cando creamos riqueza e centos de familias benefícianse da actividade que xeramos. Porque exercemos como galegos cando desenvolvemenos proxectos coa Real Academia Galega, coa Consellería de Cultura, coa Real Academia Galega de Belas Artes, co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia ou con outras tantas institucións. Porque exercemos como galegos cando patrocinamos o Xacobeo 2010.
E exercemos como galegos dende unha perspectiva global, o que nos permite colaborar con moitas institucións foráneas e exportar non só os nosos produtos, senón tamén os nosos valores e a nosa cultura, a unha trintena de países. Exercemos como galegos en galego, en castelán e en calquera lingua que sirva para explicarnos.
Mondariz é, ao igual que Galicia, un símbolo de vida, de adaptación e de superación. Por iso sentímonos orgullosos de ser galegos, no único sentido da palabra.
Javier R. Losada
Director xeral de Aguas de Mondariz
Mensualmente publicamos o nos boletín Gándara, podes descargalos desde aquí.
© 2009 Aguas de Mondariz Fuente de Val S.L. Todos os dereitos reservados. Condiciones xerais.
