Son:
O CR Mecos homenaxeou a Mondaríz polos seus 20 anos de colaboración
O local social do CR Mecos congregou a un gran número de socios, remeiros e seareiros nun acto no que a entidade grovense rendeu homenaxe ao seu máis fiel patrocinador: Augas de Mondariz, polos seus 20 anos de colaboración. Ademais do máximo responsable da empresa galega, asistiron o Presidente da Fundación Mondariz Balneario, o subdirector de Deportes da Xunta de Galicia, o Alcalde do Grove e varios membros da corporación grovense.
Juán Ramon Outeda, presidente do CR Mecos, tomou a palabra para agradecer a Augas de Mondariz os vinte anos de colaboración e deixar patente que o club “estivo á altura das circunstancias levando o emblema desta empresa galega”. Outeda rematou dicindo que “Mondariz nunca lles pediu resultados, títulos ou éxitos, senón que só pediron traballo, esforzo e dedicación, é que responderon en todo”.
Mensualmente publicamos o noso boletín Gándara, podes descargalos desde aquí.
© 2009 Aguas de Mondariz Fuente de Val S.L. Todos os dereitos reservados. Condiciones xerais.
