Facebook aguasdemondariz Twitter @YoAguaMondariz Pinterest aguasdemondariz Flickr mondarizenelmundo Youtube AguasMondariz Instagram aguasdemondariz
Mondariz revalida o seu título de “Mellor Auga do Mundo” acadando o segundo Diamond Taste Award

Son:

Mondariz revalida o seu título de “Mellor Auga do Mundo” acadando o segundo Diamond Taste Award

26-04-2016

Convértese na única marca do mundo que acadou 2 Diamonds, concedidos polo iTQi de Bruxela.

Tanto a auga mineral con gas como a auga mineral sen gas obtiveron 3 estrelas, a máxima cualificación dunha cata a cegas realizada por máis de douscentos expertos en restauración.

Dentro do marco de actividades da feira Alimentaria, Aguas de Mondariz reafirmou o título da mellor auga mineral sen gas do mundo, tras acadar o segundo Diamond Taste Award que outorga o prestixioso Instituto Internacional de Sabor e Calidade (International Taste & Quality Institute, iTQi) de Bruxelas. Un galardón que ratifica a excelencia e a inmellorable calidade e propiedades da auga de Mondariz.

O acto, que tivo lugar o luns 25 de abril no recinto feira Gran Vía de Barcelona, con motivo da celebración de Alimentaria 2016, foi presidido polo Cónsul de Bélxica, Sr. Didier Verwaerde, e contou coa asistencia dalgúns dos prestixiosos sommeliers que forman parte do xurado: Rosa Vila, Meritxell Falgueras e Elisabeth Vidal, así coma do chef Koldo Royo. Todos eles colaboran no proceso de avaliación dos produtos presentados, que se realiza nunha cata a cegas, sen envoltorios nin envases, polo que o xurado en ningún momento pode identificar a marca á que pertence a auga que está catando, para blindar a obxectividade e imparcialidade da proba.

As catas de auga son consideradas coma unha das probas máis complicadas, esixen máxima concentración para atopar todos os matices e realízanse de maneira individual, por estes motivos organízanse a primeira hora da mañá. Vila, Falgueras e Vidal, a representación feminina dos sommeliers que participan nas catas de iTQI, explicaron ao unísono que “despois de superar a dificultade das catas de auga, podes relaxarte degustando calquera outro produto”.

A auga mineral natural sen gas de Mondariz acadou o ano pasado o Diamond Taste Award, o máximo recoñecemento que outorga o ITQi, tras conseguir durante 7 anos consecutivos a máxima puntuación do Superior Taste Award. Con este segundo Diamond, Mondariz revalida o título de “Mellor auga do mundo” e ademais convértese na única marca do mundo que acadou dous títulos nesta categoría.

Instituto Internacional de Sabor e Calidade

O Instituto Internacional de Sabor e Calidade (iTQi) de Bruxelas é unha organización independente formada por destacados chefs e sumilleres de distintos países que foi creada para analizar, xulgar e promover os mellores alimentos e bebidas de todo o mundo. Con este obxectivo creáronse os Premios ao Sabor Superior (Superior Taste Award), que teñen como finalidade distinguir os mellores sabores e os produtos máis excelentes.

 

 

peso: 
5
fecha: 
Mar, 2016-04-26
catalogo_destacado: 
Yes
 
 
 

comentarios

© 2009 Aguas de Mondariz Fuente de Val S.L. Todos os dereitos reservados. Condiciones xerais.