Facebook aguasdemondariz Twitter @YoAguaMondariz Pinterest aguasdemondariz Flickr mondarizenelmundo Youtube AguasMondariz Instagram aguasdemondariz
Mondariz, primeira auga nacional que consegue 6 anos consecutivos o maior galardón que outorga o iTQi de Bruxelas

Son:

Mondariz, primeira auga nacional que consegue 6 anos consecutivos o maior galardón que outorga o iTQi de Bruxelas

06-06-2014

Por sexto ano consecutivo logramos a máxima puntuación (3 estrelas de ouro) do Superior Taste Award, un premio concedido polo Instituto Internacional do Sabor e Calidade (International Taste & Quality Institute, iTQi) de Bruxelas. Este galardón recoñece o Sabor Superior e a excelencia dos nosos produtos e reafirmános coma unha das mellores marcas de auga mineral natural a nivel mundial.

Como en ocasións anteriores, a nosa auga mineral natural con gas e sen gas acadou a calificación de “Excepcional”, que se logra cunha puntuación de máis de 90 puntos sobre un total de 100. Concretamente a nosa auga con gas obtivo 94,1 puntos, superando así a outras augas con gas que participaron.

O proceso de avaliación dos produtos presentados realízase nunha cata a cegas, sen envoltorios nin envases, polo que o xurado en ningún momento pode identificar a marca á que pertencen para blindar a obxectividade da mesma. 120 reputados chefs e sumilleres pertencentes a asociacións culinarias e de sumilleres máis prestixiosas de Europa, e que se renovan en cada edición, realizan a cata. Cada un dos membros do xurado foi seleccionado polo recoñecemento unánime do seu talento en guías como Michelín ou GaultMillau.

Nesta nova edición presentáronse aos premios un total de 1.250 produtos, entre bebidas e alimentos, chegados dos 5 continentes. Só o 20% deles conseguíu a máxima calificación, as tres estrelas, que considera ao produto como “excepcional”.

A nosa auga convertiuse na primeira auga de todo o mundo que consegue 6 anos consecutivos a máxima puntuación do Superior Taste Award. Se o vindeiro ano revalidásemos esa calificación, recibiríamos o reputado recoñecemento Diamond Taste Award. Seríamos a primera empresa do mundo que lograría tamén este valiosísimo premio.

Instituto Internacional de Sabor e Calidade

O Instituto Internacional de Sabor e Calidad (iTQi) de Bruxelas é una organización independente formada por destacados chefs e sumilleres de distintos países que foi creada para analizar, xulgar e promover os mellores alimentos e bebidas de todo o mundo. Con este obxectivo creáronse os Premios ao Sabor Superior (Superior Taste Award), que teñen como finalidade distinguir os mellores sabores e os produtos máis excelentes.

peso: 
5
fecha: 
Ven, 2014-06-06
catalogo_destacado: 
No
 
 
 

comentarios

© 2009 Aguas de Mondariz Fuente de Val S.L. Todos os dereitos reservados. Condiciones xerais.