Facebook aguasdemondariz Twitter @YoAguaMondariz Pinterest aguasdemondariz Flickr mondarizenelmundo Youtube AguasMondariz Instagram aguasdemondariz
Mondariz participa nunha das feiras de alimentación máis importantes do Caribe

Son:

Mondariz participa nunha das feiras de alimentación máis importantes do Caribe

18-11-2014

Aguas de Mondariz segue avanzando na súa expansión internacional e acabamos de participar a través do noso importador “José Santiago”, nunha das máis destacadas citas do sector da alimentación e bebidas no Caribe.

Trátase da Food Show 2014, que se celebrou en San Juan en Porto Rico e á que acudiron empresas non só latinoamericanas, senón tamén do resto do mundo. Esta foi unha excelente oportunidade para a marca galega que puido presentar os seus produtos, concretar novos negocios, ampliar alianzas comerciais e intercambiar información sobre as últimas tendencias de mercado con outras empresas. En definitiva, Food Show 2014 supuxo un punto de encontro estratéxico para as empresas relacionadas co mundo da alimentación e as bebidas, entre elas a marca Mondariz.

Con máis de 140 anos de historia, Aguas de Mondariz segue sendo unha empresa arraigada a Galicia pero con proxección internacional. De feito, na actualidade, está presente en toda España e en máis de 25 países, dos 5 continentes. 

 

peso: 
5
fecha: 
Mar, 2014-11-18
catalogo_destacado: 
No
 
 
 

comentarios

© 2009 Aguas de Mondariz Fuente de Val S.L. Todos os dereitos reservados. Condiciones xerais.