Facebook aguasdemondariz Twitter @YoAguaMondariz Pinterest aguasdemondariz Flickr mondarizenelmundo Youtube AguasMondariz Instagram aguasdemondariz
Mondariz lanza a súa nova variedade de zume de tomate dentro da gama “Mondariz Frutas”

Son:

Mondariz lanza a súa nova variedade de zume de tomate dentro da gama “Mondariz Frutas”

31-10-2016

Aguas de Mondariz aumenta a súa liña de zumes saudables “Mondariz Frutas” cun novo sabor: tomate. Unha variedade que se une aos sabores piña, melocotón, laranxa e cenoria con laranxa que xa comercializa a marca. Todos os sabores de “Mondariz Frutas” están dispoñibles nos establecementos de hostalaría, cun moderno deseño en botellín de cristal de 200 mililitros cunha etiqueta na que priman as cores branca e verde (dúas das cores corporativas da marca Aguas de Mondariz).

O zume de tomate caracterízase polo seu alto contido en vitamina C e polas propiedades naturais desta froita, que contribúen ao funcionamento normal do sistema inmunitario; axudan a diminuír a fatiga; e facilitan a formación natural de coláxeno para o funcionamento normal da pel. Ademais, a variedade de tomate, ao igual que o resto da gama, ofrece todo o sabor da froita natural da mellor calidade recollida no seu punto xusto de maduración, sen azucres engadidos e con vitaminas e antioxidantes.

O lanzamento desta nova variedade é unha aposta de Aguas de Mondariz por medrar e diversificar o seu mercado, a través de novos produtos vinculados a novos gustos e momentos de consumo. A gama “Mondariz Frutas” iniciou a súa comercialización no ano 2013, centrado unicamente no canal hostalaría. A boa acollida desta variedade propiciou o crecemento da liña coa variedade de tomate, coa que ofrecer ao consumidor novas opcións saudables de bebidas.

peso: 
5
fecha: 
Lun, 2016-10-31
catalogo_destacado: 
Yes
 
 
 

comentarios

© 2009 Aguas de Mondariz Fuente de Val S.L. Todos os dereitos reservados. Condiciones xerais.