Facebook aguasdemondariz Twitter @YoAguaMondariz Pinterest aguasdemondariz Flickr mondarizenelmundo Youtube AguasMondariz Instagram aguasdemondariz
Mondariz eríxese como a primeira auga mineral sen gas do mundo tras acadar un Diamond Taste Award do ITQi de Bruxelas

Son:

Mondariz eríxese como a primeira auga mineral sen gas do mundo tras acadar un Diamond Taste Award do ITQi de Bruxelas

05-06-2015

Temos acadado o título da mellor auga mineral natural sen gas do mundo ao conseguir un Diamond Taste Award, do prestixioso Instituto Internacional de Sabor e Calidade (International Taste & Quality Institute, iTQi) de Bruxelas. Trátase do maior premio internacional ao que pode aspirar calquer empresa e produto do sector das bebidas e alimentación e co que se recoñece o Sabor Superior e a excelencia dos nosos produtos. Convertímonos así na primeira empresa en acadar ata o momento este valiosísimo galardón, a nivel internacional, coa nosa auga mineral natural sen gas. 

A auga mineral natural con gas da nosa marca tamén obtivo, por sexto ano consecutivo, a máxima puntuación, as 3 estrelas de ouro do Superior Taste Award, que concede o ITQI. Si o ano que ven acadase este mesmo resultado, obtería tamén un Diamond Taste Award, polo que seríamos a única empresa de augas envasadas, a nivel mundial, en conseguir 2 Diamonds para os dous tipos de auga que comercializamos.

Como en ocasións anteriores, as aguas minerais naturais con gas e sen gas de Mondariz acadaron a calificación de “Excepcional”, que se consegue cunha puntuación de máis de 90 puntos sobre un total de 100. En concreto, a nosa auga sen gas obtivo 91,3 puntos e a con gas 91 puntos, superando así a outras marcas do sector que participaron neste certame. 

O proceso de avaliación dos produtos presentados realizase nunha cata a cegas, sen envoltorios ninenvases, polo que o xurado en ningún momento pode identificar a marca á que pertence a agua que está catando, para blindar a obxectividade e imparcialidade da proba. Máis de 200 chefs e sumilleres pertencentes a asociacións culinarias e de sumilleres máis prestixiosas de Europa, e que se renovan en cada edición, realizan dita cata. Cada un dos membros que compoñen o  xurado foi seleccionado polo recoñecemento unánime do seu talento en guías como Michelín ou Gault Millau.

A nosa auga mineral natural sen gas convertíuse na primeira,  a nivel mundial, en conseguir 7 anos consecutivos a máxima puntuación do Superior Taste Award, imprescindible para facerse co Diamond Taste Award que ratifica a excelencia e a inmellorable calidade y propiedades da nosa agua.

Instituto Internacional de Sabor e Calidade

O Instituto Internacional de Sabor e Calidade (iTQi) de Bruxelas é unha organización independente formada por destacados chefs e sumilleres de distintos países que foi creada para analizar, xulgar e promover os mellores alimentos e bebidas de todo o mundo. Con este obxectivo creáronse os Premios ao Sabor Superior (Superior Taste Award), que teñen como finalidade distinguir aos mellores sabores e os produtos máis excelentes.

 

 

 

peso: 
5
fecha: 
Ven, 2015-06-05
catalogo_destacado: 
No
 
 
 

comentarios

© 2009 Aguas de Mondariz Fuente de Val S.L. Todos os dereitos reservados. Condiciones xerais.