Facebook aguasdemondariz Twitter @YoAguaMondariz Pinterest aguasdemondariz Flickr mondarizenelmundo Youtube AguasMondariz Instagram aguasdemondariz
Máis de 400 participantes competiron na I Carreira Popular de Mondariz

Son:

Máis de 400 participantes competiron na I Carreira Popular de Mondariz

02-10-2015

O Concello, organizador do evento deportivo, agradece a Aguas de Mondariz como patrocinador, que de forma conxunta seguen a respaldar o deporte galego.

O alcalde de Mondariz, Xoán Carlos Montes Bugarín, e o grupo de goberno municipal, participaron na tardiña do pasado sábado no acto de entrega de premios da I Carreira Popular Concello de Mondariz, que mobilizou a un milleiro de persoas, entre participantes, familiares e organizadores. Na entrega de premios tamén estiveron presentes representantes da empresa Augas de Mondariz S.A e La Caixa, que doaron diversos trofeos. Os vencedores absolutos desta primeira edición foron Diana Rodríguez e Alberto Bastos nas categorías feminina e masculina respectivamente.

A proba, na que se inscribiron un total de 201 adultos e 214 nenas e nenos pequenos, estivo dividida en varias categorías en función da idade dos corredores e corredoras participantes: absoluta, cadete, infantil, alevín, benxamín, prebenxamín e “pitufos”. A proba contou con cronometraxe oficial a cargo dunha empresa especializada e obrigou a reordenar todo o tráfico na vila durante a tarde.

O Concello de Mondariz quere trasladar o seu máis sincero agradecemento aos comerciantes de Mondariz e a algunhas empresas de Ponteareas, ás persoas voluntarias (Protección Civil, Policía Local, profesionais sanitarios da vila, etc…) que coordinaron e organizaron o evento en colaboración co Concello. Sen o seu labor altruísta e xeneroso non tería sido posible este éxito deportivo que sitúa a Mondariz no circuíto de carreiras populares de Galicia.

Recoñecemento a Calo e a Ka
Por último o alcalde fixo entrega de senllas placas conmemorativas a Ricardo Pardo (Calo), que tamén fixo de animador da proba, por ter organizado en Mondariz durante 25 anos o Maratón Memorial Javier González Casasnovas. O goberno municipal tamén aproveitou para facer entrega doutro recordo a Juán Carlos Pérez (Ka) pola súa participación activa e meritoria na maioría das edicións destes maratóns. Ceferino Taboas, exatleta de Mondariz, deu a saída en todas as categorías.

Gabinete de Comunicación do Concello de Mondariz

peso: 
5
fecha: 
Ven, 2015-10-02
catalogo_destacado: 
Yes
 
 
 

comentarios

© 2009 Aguas de Mondariz Fuente de Val S.L. Todos os dereitos reservados. Condiciones xerais.