Son:
Mondariz Balneario, 29 de decembro de 2009. O Concello de Mondariz Balneario convertiuse esta noite no epicentro cultural de Galicia durante o concerto ofrecido pola Orquestra Sinfónica Nacional Checa, baixo a batuta da prestixiosa directora vasca Inma Shara, con motivo da apertura oficial da programación musical do Xacobeo 2010.
A Fundación Mondariz Balneario, da que forma parte Aguas de Mondariz, foi a organizadora deste concerto, que congregou no auditorio do Gran Hotel Balneario de Mondariz a máis de 250 personalidades da vida política, económica, social e cultural de Galicia, encabezadas polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo.
Entre os asistentes á velada musical tamén se atopaban os conselleiros de Cultura e Turismo, Roberto Varela; de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda; e de Medio Rural, Samuel Jesús Juárez; así como o como o alcalde de Mondariz Balneario, José Antonio Lorenzo; o xerente da S.A. para a Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos; e múltiples representantes do empresariado galego.
Durante a súa actuación, a Orquestra Sinfónica Nacional Checa interpretou por primeira vez a “Melodía de Mondariz”, creada en exclusiva por Inma Shara para este concerto, e evocou a través de pezas de Eduard Grieg, Ciacomo Puccini, Samuel Barber e Tchaikovsky catro episodios relevantes na historia de Mondariz Balneario: o esplendor, tempos de guerra, o gran incendio e a recuperación.
Rescate de valores culturais
O rescate e a recuperación dos valores culturais e artísticos que marcaron a historia de Mondariz Balneario é, xunto coa recuperación medioambiental do entorno e a valorización da riqueza termal da vila, un dos obxectivos prioritarios da Fundación Mondariz Balneario. Por iso, a entidade que preside Javier Solano programou este concerto de apertura do “Camiño da Música” do Xacobeo 2010 conxuntamente coa Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e coa colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra, a empresa Aguas de Mondariz e o Balneario de Mondariz.
Aguas de Mondariz, como patrocinadora oficial do Xacobeo 2010 e membro do padroado da FMB, aproveitou a ocasión para obsequiar ós asistentes cunha edición limitada da súa auga premium, “Elite by Mondariz”, adicada ó Camiño de Santiago e ós peregrinos.
Mensualmente publicamos o nos boletín Gándara, podes descargalos desde aquí.
© 2009 Aguas de Mondariz Fuente de Val S.L. Todos os dereitos reservados. Condiciones xerais.
