Son:
Desde 1998, a envasadora de auga galega AGUAS DE MONDARIZ deu pasos para reducir o plástico nas súas botellas e tapóns. AGUAS DE MONDARIZ foi o primeiro manancial de auga en pasar da botella de PVC á de PET, estando sempre á cabeza dos compromisos tecnolóxicos e medioambientais, coa produción das súas propias preformas de PET.
Nos últimos 10 anos reduciuse o peso total da botella nun 10%.
O último paso foi a redución do peso do acabado do colo de 29/25, hai dous anos. Agora, elixiron a solución HexaLite® 29/25 de BERICAP para converter dúas liñas de envasado antes de finais de 2010.
A principios de 2011, convertemos con éxito a terceira liña de envasado, conseguindo a produción completa desta MARCA DE AUGA DE ALTA CALIDADE.
A principal razón para explicar este paso é o bo rendemento do tapón de acordo coas sensacións do cliente final. A sinxela apertura de HexaLite® produciu un cambio notable, que foi a clave da nova campaña comercial cos paquetes de 6 botellas de 1,5 l: "Agora, un tapón novo e respectuoso co medio ambiente, máis sinxelo de abrir", e unha cor moi especial para un maior impacto: dourado, en combinación cos detalles da etiqueta.
Para obter máis detalles, consulte www.bericap.com
BERICAP é un fabricante global de tapóns plásticos con 20 fábricas en 18 países por todo o mundo, proxectos actuais en varios países de Asia e unha rede de licenzatarios e socios para fornecer produtos similares fabricados cos mesmos estándares de calidade e servizo para os clientes globais; cunha tenda de moldes en Hungría e varias oficinas satélites de I+D no seu funcionamento principal, BERICAP ten un compromiso concreto co desenvolvemento e innovación en tapóns plásticos para os seus clientes.
Para obter máis información, contacte connosco en:
Dorothea Diehl, Directora de comunicación
BERICAP, Kirchstraβe 5, D - 55257 Budenheim (ALEMANIA)
Tel. +49 (0)6139 29 02 0 - Fax +49 (0)6139 29 02 188 – e-mail dorothea.diehl@bericap.com
Mensualmente publicamos o noso boletín Gándara, podes descargalos desde aquí.
© 2009 Aguas de Mondariz Fuente de Val S.L. Todos os dereitos reservados. Condiciones xerais.
