Facebook aguasdemondariz Twitter @YoAguaMondariz Pinterest aguasdemondariz Flickr mondarizenelmundo Youtube AguasMondariz Instagram aguasdemondariz
Continuamos apoiando a Special Olympics Galicia

Son:

Continuamos apoiando a Special Olympics Galicia

19-01-2015

Un ano máis seguimos colaborando con Special Olympics Galicia. Trátase dunha entidade, sen ánimo de lucro, que traballa por e para as persoas con discapacidade intelectual. O seu principal cometido é lograr a inserción social e a realización persoal do colectivo e, para iso, unha das súas principais apostas é o lecer e o deporte. Precisamente, o plan de actividades que apoiamos inclúe multitude de actividades deportivas como partidos de fútbol, baloncesto, natación ou atletismo.
A razón de ser do noso patrocinio pasa por axudar a que se materialicen decenas de eventos deportivos e de lecer previstos para este 2015, non só a nivel autonómico senón tamén a nivel nacional e ata internacional. Con esta colaboración, seguimos con oso compromiso coa sociedade e o deporte e, sobre todo, cos colectivos máis vulnerables.


Special Olympics Galicia


O Club Deportivo Fademga Special Olympics Galicia impúlsase no ano 1993 coa colaboración da Federación de Asociacións en Favor das Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia (Fademga), organiza actividades para 200 deportistas de Galicia e involucra a 60 entidades. Desde o ano 2000 o movemento Special Olympics pasa a ser en Galicia unha entidade xurídica propia cuxa finalidade é a promoción de actividades involucrando cada vez a un maior número de deportistas con discapacidade e ás súas familias. Con esta premisa búscase, por unha banda, mellorar as condicións psíquicas e físicas deste colectivo e, por outro, integrar a estas persoas na sociedade para que sexan cidadáns activos de pleno dereito, respectados e aceptados.

 

peso: 
5
fecha: 
Lun, 2015-01-19
catalogo_destacado: 
Yes
 
 
 

comentarios

© 2009 Aguas de Mondariz Fuente de Val S.L. Todos os dereitos reservados. Condiciones xerais.