Facebook aguasdemondariz Twitter @YoAguaMondariz Pinterest aguasdemondariz Flickr mondarizenelmundo Youtube AguasMondariz Instagram aguasdemondariz
“Camiña por Mones” unha orixinal iniciativa para conmemorar o 825 aniversario do pobo ourensán de Mones

Son:

“Camiña por Mones” unha orixinal iniciativa para conmemorar o 825 aniversario do pobo ourensán de Mones

14-05-2012

 

A iniciativa “Camiña por Mones”, promovida pola Asociación Cultural de Amigos de Mones, consiste nunha camiñata de 825 quilómetros, tantos como o número de anos que fai que se recoñeceu oficialmente o pobo de San Miguel de Mones. Un grupo de persoas vinculadas a este pequeno pobo ourensán da comarca de Valdeorras camiñarán durante 20 días pola zona da Torre de Hércules e o Paseo Marítimo da Coruña ata completar os 825 quilómetros.

Esta orixinal camiñata conmemorativa arrancará o mércores 16 de maio da Praza de María Pita onde, de maneira oficial, se dará o pistoletazo de saída. A partir dese día e ata o 5 de xuño os camiñantes percorrerán unha distancia duns 40 quilómetros diarios, o que equivale a un maratón ao día, ata acadar os 825 quilómetros. “Camiña por Mones” pretende ser unha chamada de atención sobre o pobo de Mones, un pobo pequeno cuxa historia e a unidade da súa xente fixeron posible o mantemento das tradicións e a continuidade do lugar. Neste sentido, os promotores da iniciativa fixeron un chamamento para que todas as persoas que o desexen se unan a esta marcha, que ten no seu carácter un dos seus sinais de identidade.

Aguas de Mondariz, como patrocinador desta iniciativa, estará presente durante todo o tempo que dure a marcha apoiando aos camiñantes e aos valores que promoven, relacionados coa historia e a tradición dun pobo e, ao mesmo tempo, coa vida sana, a natureza e o deporte. Trátase dunha iniciativa impulsada pola Asociación Cultural de Amigos de Mones coa que se pretende romper as fronteiras entre o mundo rural e o urbano. Os membros da asociación, situada na Coruña, son habitantes orixinarios do pobo ourensán que, por diferentes motivos, se estableceron na cidade. De feito, o desenvolvemento da marcha na Coruña é, ao mesmo tempo, un xeito de agradecer a hospitalidade coa que foron acollidos nesta cidade e na que desenvolveron a súa vida, sen perder nunca o contacto co seu lugar de orixe.

Máis información sobre “Camiña por Mones” en:

http://monesvaldeorras.com/       https://www.facebook.com/mones.valdeorras

peso: 
5
fecha: 
Lun, 2012-05-14
fichero: 
catalogo_destacado: 
No
 
 
 

comentarios

© 2009 Aguas de Mondariz Fuente de Val S.L. Todos os dereitos reservados. Condiciones xerais.