Facebook aguasdemondariz Twitter @YoAguaMondariz Pinterest aguasdemondariz Flickr mondarizenelmundo Youtube AguasMondariz Instagram aguasdemondariz
Aguas de Mondariz renova a súa colaboración co MARCO de Vigo

Son:

Aguas de Mondariz renova a súa colaboración co MARCO de Vigo

17-04-2012

 

 

 

Aguas de Mondariz e o Museo de Arte Contemporáneo de Vigo MARCO veñen de renovar a súa colaboración. Con este acordo a empresa galega estará presente en todos os eventos organizados polo MARCO.

A colaboración establecida entre Aguas de Mondariz e o MARCO pretende ser unha contribución da empresa de augas ao mundo da arte galega, apostando así polos proxectos innovadores que crean valor e impulsan a creación artística en Galicia.

Dita colaboración exténdese tamén ao “Hotel MARCO”, que seguirá poñendo a disposición dos seus hóspedes a auga de Mondariz na súa habitación. Así, as persoas que ocupen a habitación deste singular hotel de Vigo poderán degustar as variedades de auga, tanto de gas como sin gas, de Mondariz.

O “Hotel MARCO” naceu en abril do pasado ano como un proxecto artístico co que xerar valor engadido ao museo de Vigo. A iniciativa, do prestixioso artista Michael Lin e rvr arquitectos, convertiuse nun proxecto innovador co que transformar o Espazo Anexo do MARCO, unha sala de exposicións habitual, nun cuarto de hotel con distintos usos. O feito de transformar este espazo fixo posible dotar ao museo dun espazo habitable concibido ao mesmo tempo como proxecto artístico. Neste singular hotel poden aloxarse todas as persoas que así o desexen, aínda que resulta especialmente significativo para hospedar a comisarios, artistas e investigadores, que desde este punto teñen unha nova visión do museo vigués. O “Hotel MARCO” convertiuse nunha peza máis de arte no museo.

Regalo dunha noite de hotel

Para facer partícipes a todas as persoas deste proxecto artístico, Aguas de Mondariz sorteará entre todos os seus fans de Facebook que se inscriban no sorteo unha noite no “Hotel MARCO”. As personas interesadas poden visitar o perfil de Aguas de Mondariz en:

https://www.facebook.com/aguasdemondariz

 

peso: 
5
fecha: 
Mar, 2012-04-17
fichero: 
catalogo_destacado: 
No
 
 
 

comentarios

© 2009 Aguas de Mondariz Fuente de Val S.L. Todos os dereitos reservados. Condiciones xerais.