Facebook aguasdemondariz Twitter @YoAguaMondariz Pinterest aguasdemondariz Flickr mondarizenelmundo Youtube AguasMondariz Instagram aguasdemondariz
Aguas de Mondariz recibe en Santiago o Premio Europeo de Medio Ambiente, a nivel galego, pola súa xestión para o desenvolvemento sostible

Son:

Aguas de Mondariz recibe en Santiago o Premio Europeo de Medio Ambiente, a nivel galego, pola súa xestión para o desenvolvemento sostible

28-02-2012

Aguas de Mondariz recibiu hoxe en Santiago de Compostela o Premio Europeo de Medio Ambiente á empresa, a nivel galego, pola súa xestión para o desenvolvemento sostible. O galardón foi entregado polo Secretario Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Xunta de Galicia, Justo de Benito Basanta, nun acto desenvolvido na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Os premios europeos de medio ambiente están considerados como os máis prestixiosos no eido do desenvolvemento sostible empresarial e están organizados a nivel galego pola Consellería de Medio Ambiente, en colaboración a nivel nacional coa Fundación Entorno.

Desde Aguas de Mondariz agradeceuse o premio recibido, un galardón “que recoñece o traballo que a empresa leva desenvolvendo en Galicia desde fai xa 139 anos, e que xera un novo impulso ao modelo de explotación e envasado de auga mineral sostible”.

Dito premio supón para a empresa un recoñecemento ao seu modelo de negocio: unha aposta pola calidade e a tradición do produto vinculada a políticas de mellora contínua na protección do medio ambiente e a responsabilidade social.

Compromisos de sostibilidade

Aguas de Mondariz aposta por un modelo de explotación baseado en compromisos tales como a optimización dos procesos produtivos, coa fin de reducir o consumo de materias primas, enerxía e impactos ambientais; a integración dos criterios de calidade e medio ambiente na toma de decisións; e a involucración do contorno social nos compromisos da empresa, a través do contacto directo con clientes, distribuidores, consumidores, administracións, medios de comunicación, etc.

Froito destes compromisos nace no ano 1997 o proxecto “Mondariz Verde”, un estudo exhaustivo de produtos e procesos orientado a incorporar melloras que conleven un beneficio ambiental. Como exemplo das melloras emprendidas no marco desta iniciativa destaca a diminución do consumo de materiais plásticos de ata un 30% por botella. O proxecto “Mondariz Verde” consolidouse a través dos anos e os seus resultados foron recollidos coa publicación no ano 2010 da primeira Memoria de Sostibilidade da compañía. Con esta iniciativa Aguas de Mondariz abre unha vía de comunicación dos resultados da súa xestión a toda a sociedade, coa finalidade de xerar e estimular sinerxias que contribúan a acadar os obxectivos do protocolo de Kyoto.

 

Aguas de Mondariz mantén un forte compromiso coa protección do contorno, tanto no seu contexto social como medioambiental, e emprega unha tecnoloxía que garante que o primeiro contacto humano co produto realízao o consumidor final. A calidade do seu sistema de xestión está ratificada coas certificacións ISO 9000 de xestión de calidade; ISO 14000 de xestión medioambiental e ISO 22000 de seguridade alimentaria. Ademais, é a primeira empresa nacional do sector en acadar a certificación europea EMAS III, que recoñece a eficacia do modelo de xestión ambiental e a transparencia na divulgación de información sobre este sistema.

Premios europeos de medio ambiente á empresa

Os premios europeos de medio ambiente á empresa, creados en 1987, convócanse bianualmente pola Dirección General de Medio Ambiente da Comisión Europea e teñen como obxectivo recoñecer publicamente a aquelas organizacións que coa súa actuación contribuíron ao cumprimento dos principios de desenvolvemento sostible, e cuxo esforzo supón un exemplo para outras compañías. Con estes galardóns destácanse aquelas políticas e prácticas, procesos e produtos, de todos os sectores empresariais da Unión Europea, que axuden a avanzar cara un desenvolvemento económico e social que non vaia en detrimento do medio ambiente e das reservas naturais.

Fundación Entorno-SCSD España, co apoio do Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino, é a institución encargada da convocatoria e coordinación da Sección Española. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia coordina a Sección Galega dos premios. Un xurado formado por personalidades de recoñecido prestixio no eido público, privado e académico, selecciona aos gañadores en catro categorías. Os galardóns españois, que teñen carácter propio, dan acceso á final europea, polo que as empresas recoñecidas a nivel español son candidatas por España no certame que posteriormente se celebra en Bruxelas.

peso: 
5
fecha: 
Mar, 2012-02-28
fichero: 
catalogo_destacado: 
No
 
 
 

comentarios

© 2009 Aguas de Mondariz Fuente de Val S.L. Todos os dereitos reservados. Condiciones xerais.