Entrar
Facebook aguasdemondariz Twitter @YoAguaMondariz Pinterest aguasdemondariz Flickr mondarizenelmundo Youtube AguasMondariz Instagram aguasdemondariz
Aguas de Mondariz, premiada como unha das mellores augas do mundo

Son:

Aguas de Mondariz, premiada como unha das mellores augas do mundo

09-05-2012

Aguas de Mondariz obtivo, un ano máis, as 3 estrelas no Superior Taste Award, un premio outorgado polo Instituto Internacional de Sabor e Calidade (International Taste & Quality Institute, iTQi) co que se recoñece o sabor e excelencia dos seus produtos. A obtención deste galardón confirma á empresa galega como unha das mellores marcas de auga envasada do mundo.

Como en anos anteriores, nesta edición dos premios Aguas de Mondariz presentou as súas dúas variedades de auga –con gas e sen gas- e as dúas obtiveron acadaron a cualificación de “Excepcional”, que se obtén cunha puntuación de máis de 90 puntos sobre un total de 100 nunha cata a cegas realizada por 140 chefs e sumilleres de doce prestixiosas asociacións culinarias europeas. Con esta elevada puntuación o produto obtén as tres estrelas –máxima nota que se pode conseguir- e é galardoado así co Superior Taste Award, un recoñecemento que só acadan os produtos da máis elevada calidade.

Este é o terceiro ano consecutivo no que a variedade de auga con gas de Mondariz obtén a máxima puntuación do iTQi, o que lle supón acadar o Crystal Taste Award, máximo galardón internacional neste eido. Só reciben este premio aqueles produtos que obtiveron as 3 estrelas durante tres anos consecutivos. Así, a auga con gas de Mondariz acada un galardón que xa o ano pasado recibiu a empresa galega para a súa variedade de auga sen gas.

Co Crystal Taste Award acadado este ano, Aguas de Mondariz convértese na primeira e única empresa de España en obter en dúas ocasións este reputado premio internacional, que valora os produtos da empresa galega como un dos mellores do mundo por calidade, sabor e excelencia. A nivel mundial, Aguas de Mondariz é a segunda marca do sector de auga embotellada que obtén en dúas ocasións o Crystal Taste Award.

Aguas de Mondariz recibirá o Crystal Taste Award 2012 o vindeiro 31 de maio nun acto oficial que se desenvolverá en Bruxelas, sede da organización, e ao que asistirán representantes da firma galega.

Instituto Internacional de Sabor e Calidade

O Instituto Internacional de Sabor e Calidade (iTQi) de Bruxelas é unha organización independente formada por destacados chefs e sumilleres de distintos países que foi creada para analizar, xulgar e promover os mellores alimentos e bebidas de todo o mundo. Con este obxectivo creáronse os Premios ao Sabor Superior (Superior Taste Award), que teñen como finalidade distinguir los mellores sabores e os produtos máis excelentes. O Crystal Taste Award é un paso máis nestes premios, xa que se trata dun galardón que só acadan aqueles produtos premiados co Superior Taste Award durante tres anos consecutivos. Só 27 produtos de todo o mundo foron merecedores do Crystal Taste Award, entre eles as dúas variedades de auga de Mondariz.

Na edición deste ano presentáronse aos premios un total de 997 produtos, dos cales só 200 obtiveron a máxima cualificación, as tres estrelas, que considera ao produto como “Excepcional”; 428 obtiveron dúas estrelas, que cualifica al produto como “Destacable”; e outros 128 produtos obtiveron unha estrela, que lle outorga a cualificación de “Bo”. Só aqueles produtos que durante tres anos consecutivos acadan a cualificación de “Excepcional”, é dicir, as tres estrelas acadan o Crystal Taste Award.

O proceso de avaliación dos produtos presentados realízase a cegas, sen que o xurado poida identificar en ningún momento a marca á que pertence. Un grupo de renomeados chefs e sumilleres pertencentes a asociacións culinarias e de sumilleres máis prestixiosas de Europa realizan a cata. Cada xuíz fai unha análise sensorial do produto e asígnalle unha puntuación que reflicte a sensación global do placer hedónico, que é o factor con maios valor na puntuación final, así como outros criterios como o aspecto visual, o olor, a textura e o sabor ou gusto na boca.

Cada un dos membros do xurado foi seleccionado polo recoñecemento unánime do seu talento en guías como Michelín ou Gault Millau; a súa longa experiencia na degustación; e a súa capacidade para describir detalladamente as características de sabor dos produtos e suxerir posibles melloras no informe de análise sensorial.

Recoñecemento internacional

O premio concedido polo Instituto Internacional de Sabor e Calidade vén a certificar a calidade e propiedades da auga envasada por Aguas de Mondariz, ao tempo que sitúa á empresa como marca embaixadora de Galicia a nivel internacional. Aguas de Mondariz é a compañía líder do mercado de envasado e comercialización de auga mineral natural no Noroeste de España. A súa actividade comprende tanto a área de alimentación como a de restauración e exténdese a máis de 30 países de todo o mundo.

Aguas de Mondariz é unha marca monomanancial con 139 anos de historia. As súas orixes están vinculadas á actividade balnearia e  á explotación das augas mineromedicinais de Mondariz, que en 1873 obtiveron a Declaración de Utilidade Pública e que comezaron a comercializarse en 1877.

peso: 
5
fecha: 
Mér, 2012-05-09
catalogo_destacado: 
No
 
 
 

comentarios

© 2009 Aguas de Mondariz Fuente de Val S.L. Todos os dereitos reservados. Condiciones xerais.