Entrar
Aguas de Mondariz pon en marcha unha iniciativa para a reactivación da economía  en Galicia, mediante a promoción de Galicia como destino turístico

Son:

Aguas de Mondariz pon en marcha unha iniciativa para a reactivación da economía en Galicia, mediante a promoción de Galicia como destino turístico

03-08-2011

"Se atraemos turismo dinamizaremos a nosa economía e axudaremos a reactivar o consumo e o emprego"

Aguas de Mondariz pon en marcha unha iniciativa para a reactivación da economía en Galicia, mediante a promoción de Galicia como destino turístico

- A compañía utilizará os millóns de etiquetas que anualmente coloca sobre as súas botellas, como soporte para comunicar os atractivos de Galicia a nivel nacional e en 30 países onde está presente.

- Ademais, elaborarase un coleccionable de botellas relativas aos principais enclaves representativos de Galicia, sendo a primeira destas a relativa á Torre de
Hércules.

A Coruña, 3 de agosto de 2011. - Aguas de Mondariz continúa co seu firme compromiso de impulsar o carácter embaixador da marca Galicia en todos aqueles aspectos derivados da súa actividade, mediante o desenvolvemento de iniciativas de Responsabilidade Social Corporativa. Neste sentido, a compañía asinou un acordo de colaboración con Turgalicia para a reactivación da economía en Galicia mediante a promoción de Galicia como destino turístico.

A achega de Augas de Mondariz consiste en utilizar os millóns de etiquetas que anualmente coloca sobre as súas botellas, como soporte para comunicar os atractivos de Galicia. Desta forma, estas mensaxes chegarán aos consumidores de toda España e aos trinta países nos que Mondariz está presente.

Ademais, dentro das actuacións previstas destaca a elaboración dun coleccionable de botellas relativas aos principais enclaves representativos de Galicia, como a Torre de Hércules -A Coruña- (o faro máis antigo do mundo en funcionamento); a Praia de Rodas nas Illas Cíes -Vigo- (a praia máis bonita do mundo); as murallas romanas mellor conservadas -Lugo-; A Ribeira Sacra (a mayor concentración de cenobios medievales de la Península Ibérica); entre outras.

No acto de presentación desta iniciativa, celebrada esta mañá na Torre de Hércules, e no que participaron o presidente da Xunta de Galicia, D. Alberto Núñez Feijóo; a Secretaria Xeral de Turismo da Xunta de Galicia, Dª. Carmen Pardo; a tenente de alcalde responsable de área de Emprego e Empresa, y Turismo de A Coruña, Dª. María Luisa Cid; e D. Alberto Cabadas, de Augas de Mondariz; presentouse ademais a primeira botella que compón o coleccionable de botellas relativas aos principais enclaves representativos de Galicia, que corresponde á Torre de Hércules, coincidindo desta forma coa celebración do 2º Aniversario da súa Declaración como Patrimonio da Humanidade.

Esta primeira botella fai referencia á Torre de Hércules, o faro máis antigo do mundo en funcionamento, Patrimonio da Humanidade, e cuxa lenda destaca: “Conta a lenda que Hércules, fillo de Zeus, derrotou en dura loita ao Rei de Brigantium, o xigante Gerión, xa que este obrigaba o seu pobo a entregarlle a metade dos seus bens. No lugar do duelo, levantou unha soberbia torre xunto á que fundou unha cidade que tomou o seu nome da primeira muller que a habitou: Crunna. O Farum Brigantium construído polos romanos no S. I recibe cos seus 55 m de altura a todos os visitantes da Coruña”.

Esta iniciativa preséntase buscando sinerxías coa campaña de Turgalicia, e promove que se converta nunha iniciativa apoiada por todos os galegos.

O Turismo é a primeira industria española, e esta medida cabe enlazala coas iniciativas de Responsabilidade Social Corporativa de Augas de Mondariz. Según Augas de Mondariz, "se atraemos turismo dinamizaremos a nosa economía e axudaremos a reactivar o consumo e o emprego. Con esta iniciativa pretendemos difundir a promoción da marca Galicia como destino turístico, e contribuír desta forma a dinamizar a nosa economía. Continuamos, desta forma, co noso compromiso de embaixadores da marca Galicia en todo o mundo".

Sobre Augas de Mondariz
Aguas de Mondariz é a compañía líder do mercado de envasado e comercialización de auga mineral natural no noroeste peninsular. A súa actividade comprende tanto a área de alimentación coma o de restauración, e esténdese a outros 29 países dos cinco continentes. É unha marca monomanantial con 138 anos de historia. As súas orixes están vinculadas á actividade balnearia e á explotación das augas mineromedicinales de Mondariz, que obtiveron en 1873 a Declaración de Utilidade Pública e que comezaron a comercializarse no ano 1877. A compañía embotella cada ano 102 millóns de litros de auga, que se comercializan en máis de 150 millóns de envases.

Para más información:
Tlf. 687807327 / comunicacion@aguasdemondariz.com

Anexo - Relación de etiquetas

Lendas / Coleccionable

TORRE DE HERCULES - A CORUÑA. O faro máis antigo do mundo en funcionamento. Conta a lenda que Hércules, fillo de Zeus, derrotou en dura loita ao Rei de Brigantium, o xigante Gerión, xa que este obrigaba o seu pobo a entregarlle a metade dos seus bens. No lugar do duelo, levantou unha soberbia torre xunto á que fundou unha cidade que tomou o seu nome da primeira muller que a habitou: Crunna. O Farum Brigantium construído polos romanos no S. I recibe cos seus 55 m de altura a todos os visitantes da Coruña.

PRAIA DE RODAS - ILLAS CÍES. A praia máis bonita do mundo. Sesenta anos antes de Cristo e tras a famosa batalla contra os Herminios, foi nesta fermosa praia onde o Xeneral Julio César decidiu descansar durante unha boa tempada para conquistar finalmente o lugar e escribir a súa crónica. Moito despois, no ano 2007, o xornal británico The Guardian colocou a esta fermosa praia do Parque Nacional das Illas Atlánticas no número 1 do "Top 10" de praias máis bonitas do mundo.

MURALLA ROMANA – LUGO. A muralla romana mellor conservada do mundo. Construída no S. III baixo as directrices do enxeñeiro Vitruvio para a defensa da cidade, cunha lonxitude de máis de 2 km marcada polas súas soberbias torres e portas, rodea a que fora cidade romana chamada Lucus Augusti en nome do Emperador Augusto. O seu sorprendente estado de conservación convértea no máis belo exemplo de fortificación romana que, ademais podemos percorrer para coñecer a cidade de Lugo dende as "alturas".

A RIBEIRA SACRA. A maior concentración de cenobios medievais da Península Ibérica. Este territorio boscoso comprendido entre os espectaculares canóns dos ríos Miño e Sil alberga unha longa lista de pequenos cenobios e grandes mosteiros que serviron de refuxio aos eremitas que buscaban silencio e oración en lugares apartados. Un territorio de viñedos cuxos caldos xa eran apreciados en época romana. Un segredo ben gardado e un pequeno mundo a descubrir que non decepciona ningún dos seus visitantes.

peso: 
5
fecha: 
Wed, 2011-08-03
catalogo_destacado: 
No
 
 
 

comentarios

© 2009 Aguas de Mondariz Fuente de Val S.L. Todos os dereitos reservados. Condiciones xerais.

Verisign