Facebook aguasdemondariz Twitter @YoAguaMondariz Pinterest aguasdemondariz Flickr mondarizenelmundo Youtube AguasMondariz Instagram aguasdemondariz
Aguas de Mondariz patrocina o Vigo Street Stunts

Son:

Aguas de Mondariz patrocina o Vigo Street Stunts

29-07-2015

É a primeira vez que se realiza un evento destas características en España, na que os “stunter” realizarán atrevidas acrobacias de auténtica ximnasia urbana.

Os próximos días 11 e 12 de setembro terá lugar o “Vigo Street Stunts”, do que Aguas de Mondariz será patrocinador. O evento pretende converterse nun referente do deporte urbano. Con este patrocinio, Aguas de Mondariz segue apostando polo deporte como motor para levar unha vida sa e saudable, así como un punto de encontro para os máis novos nun espazo innovador.

O “Vigo Street Stunts” quere converterse nun referente do deporte urbano a nivel internacional. A práctica do Street Stunts consiste nun tipo de actividade extrema practicada polos chamados street stunters. Caracterízase polos seus elegantes e acrobáticos movementos propios da ximnasia olímpica, denominada ximnasia urbana. Esta actividade deportiva desenvólvese nos espazos e ámbitos urbanos, aproveitando a súa arquitectura, neste caso cun circuíto de obstáculos situado diante da fachada do Real Club Náutico de Vigo.

Este novo deporte urbano converteuse nun auténtico fenómeno nas redes sociais e conquistou países como Brasil, Reino Unido ou Francia, entre outros. Esta primeira edición do evento contará con 16 participantes chegados de todos os países do mundo, que competirán en tres modalidades: velocidade, superación de obstáculos e exhibición de habilidades. É a primeira vez que este evento chega a España, sendo Vigo un escenario ideal para a súa práctica, e preséntase con grandes probabilidades de éxito.

 

peso: 
5
fecha: 
Mér, 2015-07-29
catalogo_destacado: 
Yes
 
 
 

comentarios

© 2009 Aguas de Mondariz Fuente de Val S.L. Todos os dereitos reservados. Condiciones xerais.