Facebook aguasdemondariz Twitter @YoAguaMondariz Pinterest aguasdemondariz Flickr mondarizenelmundo Youtube AguasMondariz Instagram aguasdemondariz
Aguas de Mondariz patrocina a Martín de la Puente, Campión de España Absoluto de Tenis en Cadeira

Son:

Aguas de Mondariz patrocina a Martín de la Puente, Campión de España Absoluto de Tenis en Cadeira

28-10-2014

Aguas de Mondariz respalda, unha vez máis, co deporte galego apoiando ao número 1 absoluto de tenis en cadeira de rodas de España, o vigués Martín de la Puente, que xa se prepara para competir nos Xogos Paralímpicos de Río 2016.

En plena adolescencia, de la Puente facíase a pasada primavera co título de Campión de España de Tenis en Cadeira de Rodas logo da final disputada en Pozuelo de Alarcón, Madrid. Sen dúbidas este mozo vigués, aos seus 15 anos, é xa una das grandes promesas mundiais da especialidade porque a este destacado galardón súmanse tamén outros igualmente importantes como o seres finalista do Masters Júnior deste ano en Tarbes e converterse en Subcampeón do Mundo Júnior con España a tempada pasada, entre outros.

Para Aguas de Mondariz é unha gran satisfacción contribuír a materializar os soños deste mozo cuxo esforzo e espírito de superación están detrás dos seus importantes logros deportivos.

 

 

 

 

 

 

peso: 
5
fecha: 
Mar, 2014-10-28
catalogo_destacado: 
No
 
 
 

comentarios

© 2009 Aguas de Mondariz Fuente de Val S.L. Todos os dereitos reservados. Condiciones xerais.