Son:
Aguas de Mondariz mantén a súa aposta polo deporte galego tras a sinatura dun convenio de colaboración co deportista tudense Manuel Garrido. O tres veces campión do Mundo C1 Sub 23 na modalidade de Maratón de Kayak contará esta tempada co apoio da empresa galega, que promoverá así a carreira deste xoven deportista, membro do Clube Kayak Tudense.
Manuel Garrido comezará esta tempada 2012 na categoría absoluta, onde fará doblete, xa que apostará tanto pola competición en pista como en maratón. O seu obxectivo nas vindeiras competicións é chegar ao máis alto no podio tanto de Campionatos de España como do Mundo. No outono buscará revalidar, na categoría sénior, o título Mundial que conquistou xa tres veces na sub 23. A longo prazo, o canoísta tudense aspira a competir nos Xogos Olímpicos de Brasil 2016.
Aguas de Mondariz co deporte galego
Aguas de Mondariz reúne con este patrocinio un novo apoio para o deporte galego. Na actualidade a entidade renovou unha vez máis o seu patrocinio co Clube de Remo Mecos, aglutinando 21 anos de compromiso e fidelidade a este histórico club de O Grove. Asemade, a empresa galega está colaborando coa Escola de Fútbol base de Mondariz para fomentar o deporte entre os máis xóvenes.
Aguas de Mondariz é a compañía líder do mercado de envasado e comercialización de auga mineral natural no noroeste peninsular. A súa actividade comprende tanto a área de alimentación coma a de restauración e exténdese a máis de 30 países dos cinco continentes. É unha marca monomantial con 139 anos de historia. As súas orixes están vinculadas a súa actividade balnearia e á explotación das augas mineromedicionais de Mondariz, que obtiveron en 1873 a Declaración de Utilidade Pública e que comezaron a comercializarse no ano 1877.
Mensualmente publicamos o noso boletín Gándara, podes descargalos desde aquí.
© 2009 Aguas de Mondariz Fuente de Val S.L. Todos os dereitos reservados. Condiciones xerais.
