Facebook aguasdemondariz Twitter @YoAguaMondariz Pinterest aguasdemondariz Flickr mondarizenelmundo Youtube AguasMondariz Instagram aguasdemondariz
Aguas de Mondariz únese á celebración do Día Mundial da Agua

Son:

Aguas de Mondariz únese á celebración do Día Mundial da Agua

23-03-2012

Aguas de Mondariz sumouse á celebración do Día Mundial da Auga, unha conmemoración a nivel internacional promovida pola ONU coa que se pretende concienciar da importancia da auga para as persoas e facer un chamamento para a xestión sostible dos recursos hídricos.

Para celebrar este día un grupo de escolares de cinco anos do CEIP Plurilingüe Infante Felipe de Borbón, de Salvaterra do Miño, visitou a planta de envasado de Aguas de Mondariz. Alí puideron coñecer de primeira man as instalacións e o proceso de embotellado da auga. O persoal do departamento de Calidade, encargado da visita á planta, lembroulles a importancia da auga na vida das persoas e explicoulles, a través de material gráfico, o ciclo da auga.

Aguas de Mondariz únese á conmemoración do Día Mundial da Auga consciente da importancia de facer un uso responsable e sostible dos recursos hídricos. A empresa aposta por un modelo de negocio de explotación e envasado de auga mineral sostible.

Auga e seguridade alimentaria

Cada ano, no Día Mundial da Auga, destácase un aspecto particular, e nesta ocasión o lema é “A auga e a seguridade alimentaria”. Baixo este lema preténdese facer referencia á importancia que ten a auga na producción de alimentos e na maneira de alimentar á poboación de todo o mundo, dentro dos límites dos recursos hídricos.

Cada persoa precisa consumir de 2 a 4 litros de auga ao día. Pero ademais, precísanse entre 2.000 e 5.000 litros de auga para producir os alimentos que unha soa persoa consume ao día. Producir 1 kilo de carne de vacún, por exemplo, supón un gasto de 15.000 litros de auga. E para producir 1 kilo de trigo é preciso gastar 1.500 litros de auga. Estas cifras, multiplicadas por todos os alimentos que producimos e consumimos día a día no planeta, supoñen un elevadísimo gasto de auga só para dar de comer á poboación mundial.

A cuestión é que se queremos avanzar cara a unha alimentación máis sostible precisamos producir máis alimentos utilizando menos auga, así como reducir o desperdicio e as perdas de recursos hídricos.

peso: 
5
fecha: 
Ven, 2012-03-23
fichero: 
catalogo_destacado: 
No
 
 
 

comentarios

© 2009 Aguas de Mondariz Fuente de Val S.L. Todos os dereitos reservados. Condiciones xerais.