Son:
Aguas de Mondariz está presente na feira internacional Gulfood 2016, unha das citas máis importantes a nivel mundial da industria da alimentación, que ten lugar do 21 ao 25 de febreiro de 2016 en Dubai.
A empresa galega levou ata Gulfood a súa auga mineral natural sen gas, galardoada polo ITQI no ano 2015 co Diamond Taste Award, que a avala coma a mellor auga do mundo. Tamén leva a súa gama de zumes e refrescos: Mondariz Premium Cola, Mondariz Té Premium e Mondariz Sport, que, xunto coa auga, estarán presentes nun stand propio.
Gulfood é unha das feiras máis importantes do sector alimentario a nivel mundial. Con máis de 90.000 profesionais acreditados e empresas representando a máis de 160 países supón unha oportunidade de negocio con novos públicos e novos hábitos de consumo. Neste marco, Aguas de Mondariz aproveitará esta oportunidade para establecer novos contactos comerciais a nivel internacional e dar a coñecer en detalle a súa oferta de bebidas.
Aguas de Mondariz está no stand S-G9 ubicado no pabellón 3 Sheikh Saeed, espazo no que exporá o seu amplo abano de sabores e formatos: xa sexa o resistente PET, o elegante vidro ou ben as prácticas latas.
Auga de Mondariz
A agua de Mondariz, que se filtra no subsolo entre 60 e 120 anos, é mineromedicional e conta cunha composición de minerais que lle conferen as súas propiedades altamente saudables. Un filtrado particular, en substrato granítico, confere á auga de Mondariz unha textura e sabor únicos, diferenciados, históricamente recoñecidos a nivel internacional.
Mondariz frutas
Sen azucres engadidos e enriquecidos con vitaminas antioxidantes A, C, E e B6, os néctares Mondariz manteñen intactas as propiedades das froitas e a intensidade dos catro sabores dispoñibles: piña, laranxa, melocotón e cenoria.
Novos refrescos
Os refrescos Sport, Premium Cola e Té Premium son refrescos saudables, sen azucre, elaborados con auga de Mondariz e ingredientes naturais. Trátase dun novo concepto de refresco, diferente ao que existía ata o de agora nesta categoría de produto. Con este recente lanzamento Aguas de Mondariz busca a diversificación cara outros mercados, para acadar novas oportunidades de negocio, novos públicos e novos momentos de consumo.
Mensualmente publicamos o noso boletín Gándara, podes descargalos desde aquí.
© 2009 Aguas de Mondariz Fuente de Val S.L. Todos os dereitos reservados. Condiciones xerais.