Facebook aguasdemondariz Twitter @YoAguaMondariz Pinterest aguasdemondariz Flickr mondarizenelmundo Youtube AguasMondariz Instagram aguasdemondariz
Aguas de Mondariz lanza unha nova campaña publicitaria baseada na súa tradición, calidade e sostibilidade

Son:

Aguas de Mondariz lanza unha nova campaña publicitaria baseada na súa tradición, calidade e sostibilidade

27-01-2012

 

Aguas de Mondariz acaba de lanzar unha nova campaña publicitaria que baixo o slogan “Bebe Mondariz. Te sienta bien” pretende reforzar a súa posición como marca líder en calidade, tradición e sostibilidade no mercado de auga mineral natural.

A nova campaña estructúrase en tres ideas clave nas que se recollen as mensaxes que Aguas de Mondariz quere transmitir aos consumidores, e que describen rasgos característicos e singulares da marca. Así, a campaña xirará en torno aos ítems: “Nacida en Galicia hace 139 años”; “Producida en un entorno natural protegido” e “Filtrada más de 100 años por la naturaleza”, que responden ao carácter de Aguas de Mondariz como marca galega de auga mineral natural con 139 anos de historia que soubo adaptarse a un mercado moderno cun modelo de xestión sostible.

O plan proxectado por Aguas de Mondariz, que se difundirá en todo o territorio galego, levarase a cabo mediante accións publicitarias en diferentes medios de comunicación rexionais.

Calidade, tradición e sostibilidade

As claves da nova campaña lanzada por Aguas de Mondariz relaciónanse cas orixes da marca, vinculadas á actividade balneraria e á explotación das augas mineromedicinais de Mondariz, que obtiveron en 1873 a Declaración de Utilidade Pública e que comezaron a comercializarse no ano 1877. Este feito converte a Aguas de Mondariz nunha marca con historia e tradición propias que hoxe, 139 anos despois, continúa envasando auga mineral monomanancial, o que garante o consumo da mesma auga en calquera lugar do mundo.

A auga envasada por Aguas de Mondariz fíltrase no subsolo durante un período que vai de 60 a 120 anos, o que lle proporciona unha composición de minerais moi equilibrada. Ademais, trátase dunha auga catalogada como mineromedicinal, rica en ferro e noutros minerais, que lle confiren propiedades altamente saudables e convértena nunha auga apta para o consumo de poboacións sensibles.

Ademais, os mananciais están situados nunha zona incluida en Rede Natura, un espacio natural protexido que garante a conservación do lugar, así como a calidade das augas e dos seus caudais. Este feito, unido á prioridade que Augas de Mondariz lle da á protección do contorno, converten á marca nun modelo de negocio de explotación e envasado de auga mineral sostible.

 

peso: 
5
fecha: 
Ven, 2012-01-27
catalogo_destacado: 
No
 
 
 

comentarios

© 2009 Aguas de Mondariz Fuente de Val S.L. Todos os dereitos reservados. Condiciones xerais.