Son:
Aguas de Mondariz converteuse nunha compañía pioneira na
innovación e renovación dos seus envases. Se no ano 1998 foi a primeira empresa española de embotellado e distribución de auga mineral natural en substituír as botellas de PVC polas de PET, agora acaba de converterse na primeira compañía do sector en incorporar as súas botellas un novo tapón ergonómico, máis sinxelo de abrir e respetuoso co medio ambiente.
Este novo tapón, modelo Bericap HexaLite 29/25, facilita a apertura das botellas de PET ao reducir o par de apertura, é dicir, a forza total necesaria para abrir a botella e é de cor dourado -a diferenza dos anteriores, que eran de cor azul-. Trátase dunha evolución do tapón recortado que Aguas de Mondariz incorporou fai dous anos. Un novo tapón que, ao igual que o anterior, é mais
eficiente na súa fabricación e, polo tanto, máis ecolóxico que o empregado no mercado.
Segundo o director de Calidade e Medio Ambiente de Aguas de Mondariz, Alberto Cabadas, “esta mellora requiriu unha inversión importante, xa que, a pesar de tratarse dun pequeno cambio, esta variación afecta a distintos pasos do proceso de embotellado”. Alberto Cabadas sinala que “a incorporación deste novo tapón enmárcase nas políticas de calidade e sostibilidade que a compañía executa activamente desde hai varios anos” e, sobre todo, “responde á decisión de Aguas de Mondariz de responder activamente ás inquietudes dos consumidores que nalgún intre chegaron a trasladarnos queixas ante a dificultade que percibían para abrir as botellas”.
“Máis fácil de abrir”
“Hai dous anos, Aguas de Mondariz realizou un importante esforzo de innovación para incorporar un tapón recortado e, polo tanto, máis lixeiro e sostible, co el fin de adiantarnos aos requisitos da Lei de envases e residuos, que establece criterios de redución do peso e volume dos envases xerados. Esta mellora, aplaudida desde o punto de vista medioambiental, recibiu certa contestación por parte de algúns consumidores, que apreciaban maiores dificultades para abrir as botellas. Por iso, e tras un novo esforzo de investigación, agora incorporamos este tapón ergonómico, máis sinxelo de abrir”, sinala Alberto Cabadas.
O director de Calidade e Medio Ambiente subliña que “os envases PET de Aguas de Mondariz son 100% reciclables e , ademais, recíclanse todos os remanentes do proceso de envasado”.
Así, Alberto Cabadas destaca que coa implantación de novas tecnoloxías e procesos de mellora na fase de taponado, Aguas de Mondariz reduciu nos últimos anos 3.400 toneladas de PET e 350 toneladas de polietileno.
Mensualmente publicamos o nos boletín Gándara, podes descargalos desde aquí.
© 2009 Aguas de Mondariz Fuente de Val S.L. Todos os dereitos reservados. Condiciones xerais.
