Son:
Aguas de Mondariz participou na rodaxe da película The Way, dirixida por Emilio Estévez e protagonizada por Martin Sheen.
As botellas de vidro e PET de Aguas de Mondariz aparecen en algunhas das escenas da película e tamén estiveron presentes na rolda de prensa de presentación da rodaxe celebrada en Santiago de Compostela o día 4 de novembro.
Esta acción enmárcase dentro das iniciativas que Aguas de Mondariz puxo en marcha para promocionar o Xacobeo 2010 e o Camiño de Santiago. A compañía é patrocinador oficial do Ano Santo e auga oficial de todos os actos organizados con motivo do mesmo.
The Way, producida por Filmax, co empresario galego Julio Fernández ao fronte, conta a historia dun oftalmólogo estadounidense que, tras recibir a nova do falecemento do seu fillo nos Pirineos, viaxa a Europa e descobre que este dispóñase a realizar o Camiño de Santiago. Consecuentemente, e a pesar da mala relación cos unía, o pai decide continuar por el a ruta a Compostela, nun camiño co unirá a outros catro personaxes vidos de diferentes puntos do mundo.
Na produción tamén participaron o Xacobeo 2010, a Televisión de Galicia e a Xunta de Galicia, entre outros.
Entra no mundo da auga Mondaríz
Mensualmente publicamos o nos boletín Gándara, podes descargalos desde aquí.
© 2009 Aguas de Mondariz Fuente de Val S.A. Todos os dereitos reservados. Condiciones xerais. Diseño web ideup!