Facebook aguasdemondariz Twitter @YoAguaMondariz Pinterest aguasdemondariz Flickr mondarizenelmundo Youtube AguasMondariz Instagram aguasdemondariz
Aguas de Mondariz convértese en patrocinador oficial de Special Olympics Galicia

Son:

Aguas de Mondariz convértese en patrocinador oficial de Special Olympics Galicia

16-02-2012

Aguas de Mondariz convertiuse en patrocinador oficial de Special Olympics Galicia, unha entidade sen ánimo de lucro que ten como finalidade a promoción e inserción social das persoas con discapacidade intelectual a través do deporte e o ocio. A través desta colaboración a marca de auga mineral natural reafirma o seu compromiso coa sociedade galega a través do apoio a aqueles colectivos que requiren maior atención social e ao deporte en xeral.

O plan de actividades no que prestará o seu patrocinio oficial Aguas de Mondariz inclúe numerosas accións a nivel autonómico, nacional e mesmo internacional. Trátase de eventos deportivos e de tempo libre nos que participan persoas con discapacidade. Natación, atletismo, baloncesto ou fútbol son algunhas das actividades que se levarán a cabo durante todo o ano en distintos puntos da xeografía galega.

Aguas de Mondariz estará presente, coa súa imaxe e produtos, en todas as citas deportivas. Nelas a práctica deportiva e o ocio en xeral serán os principais protagonistas, como elementos activos a través dos cales fomentar a integración social das persoas con discapacidade intelectual.

Auga mineral natural de Galicia

Aguas de Mondariz é a compañía líder do mercado de envasado e comercialización de auga mineral natural no noroeste peninsular. A súa actividade comprende tanto a área de alimentación coma a de restauración e exténdese a máis de 30 países dos cinco continentes. É unha marca monomanancial con 139 anos de historia. As súas orixes están vinculadas á actividade balnearia e á explotación das augas mineromedicinais de Mondariz, que obtiveron en 1873 a Declaración de Utilidade Pública e que comezaron a comercializarse no ano 1877.

peso: 
5
fecha: 
Xov, 2012-02-16
catalogo_destacado: 
No
 
 
 

comentarios

© 2009 Aguas de Mondariz Fuente de Val S.L. Todos os dereitos reservados. Condiciones xerais.