Facebook aguasdemondariz Twitter @YoAguaMondariz Pinterest aguasdemondariz Flickr mondarizenelmundo Youtube AguasMondariz Instagram aguasdemondariz
Aguas de Mondariz colabora de novo co clube vigués de baloncesto Seis do Nadal

Son:

Aguas de Mondariz colabora de novo co clube vigués de baloncesto Seis do Nadal

01-03-2016

Aguas de Mondariz segue a ampliar a súa rede de colaboración co deporte galego de base. A compañía colabora de novo co clube vigués de baloncesto Seis do Nadal-Coia, unha das canteiras máis potentes e prolíficas do baloncesto galego.

Seis do Nadal-Coia é un dos históricos do baloncesto vigués, con máis de 30 anos de historia. Dende o clube manteñen unha firme aposta pola canteira con preto de 700 xogadores e 24 equipos femininos e masculinos en todas as categorías, dende benxamín ata sénior.

Ademais dun gran proxecto deportivo, o clube vigués tamén é un proxecto educativo que emprega o deporte como vehículo condutor. O seu traballo foi distinguido por diversas asociación e institucións. Recibiu a Medalla de Vigueses Distinguidos polo seu proxecto educativo e deportivo e tamén foi premiado en diversas ocasións por Deporte Galego como “Mellor Entidade na Promoción do Deporte Base” e “Mellor Iniciativa en Deporte Escolar”.

Para Aguas de Mondariz é un gran orgullo contribuír coa mellora e crecemento do clube e volver a ser partícipe do seu proxecto social, que seguro estará repleto de éxitos no futuro.

 

 

 

peso: 
5
fecha: 
Mar, 2016-03-01
catalogo_destacado: 
Yes
 
 
 

comentarios

© 2009 Aguas de Mondariz Fuente de Val S.L. Todos os dereitos reservados. Condiciones xerais.