Son:
A ONG Ledicia Cativa organiza un encontro en Santiago das 66 familias que este verán acollen a nenos de entre 5 e 18 anos chegados de Chernobil. O obxectivo: que vivan máis.
“Levamos 15 anos de programa, isto significa moitos anos de vida que familias galegas deron a varios centos de nenos rusos afectados pola traxedia nuclear máis triste da historia moderna. Non hai entrega maior que a que realizan estas familias, ás que estamos inmensamente agradecidos” relata o Vicepresidente de Ledicia Cativa, José Manuel Borrajo. “Son as familias as que vólcanse, as que sensibilizan a os seus fillos sobre cómo axudar de xeito desprendido aos máis necesitados. Cada día somos máis, cada día máis familias bríndanse a dar vida e agora só fáltanos a axuda decidida da administración para que, despois destes anos, poidámoslle dicir ao mundo que os galegos temos un corazón grande e xeneroso” engadiu. Este ano o número de familias de toda Galicia dispostas a acoller duplicouse.
Saúde para os nenos
O principal obxectivo de Ledicia Cativa é alongar a esperanza de vida aos 66 nenos que ata finais do mes de agosto estarán acollidos por familias galegas. “Viven dous anos máis gracias a estar con nos un verán” comenta Susana Quintás, unha das nais galegas que teñen este verán a Nastia, unha nena de 7 anos. “Se ela quere volverá o a
ano que ven, ao principio o ves como unha axuda aos máis necesitados, pero en canto está contigo convértese en algo moito máis importante, en cariño e iso, iso fai que te entregues. O idioma, por exemplo, deixa de ser unha barreira cando hai cariño. Meus fillos están coma toulos con ela e só enténdense por sorrisos”.
Estas nenas e nenos rusos aliméntanse ben en Galicia, non reciben radiación ningunha, beben moita leite “e crecen máis, engordan máis y volven as súas casas máis sans” di outra das nais galegas, din Concha e Carlos Alberto de Celanova. “Os meus 3 fillos están encantados, ao marchar transforman a súa cara alegre en tristura, para nos xa é unha mais da familia, porque é a cuarta vez que ven Elizaveta a casa en verán e non deixaremos de repetir a acollida”.
Educar aos nenos
Con este programa Galicia Cativa ademais de dar vida educa a que os nenos galegos, e tamén os rusos, coñezan outras realidades sociais, outras culturas, superando barreiras lingüísticas e abríndose ao mundo. Esta ONG demostrou que cunha estrutura mínima pódense grandes labores humanitarias, xa que as familias involúcranse, axudan ilusionadas unhas as outras na acollida, afrontan actividades e responsabilidades de forma voluntaria e desinteresada. “É un exemplo de que con pouco pódese facer moito, un exemplo de convivencia, entendemento, amizade e solidariedade” conta Borrajo.
“Gracias a todas as familias acolledoras os nenos rusos terán unha experiencia inesquecible, que marcará as súas vidas, pero tamén os nenos galegos, que sempre recordarán estes meses, terán amigos noutras partes do planeta, compartirán o que teñen e saberán que gracias a eles o mundo é un pouco mellor” engade.
Con esta acción – finaliza o director da ONG – “os nenos galegos e os seus pais, demostran que axudar non é un deber ou unha responsabilidade que un imponse, sino unha labor enriquecedora, educativa e que fainos a todos persoas máis maduras, fainos sopesar e valorar o que temos, abre a mente dos máis xoves a mundos e situacións reais que probablemente nunca coñecerían”.
Apoiar a iniciativa
Por suposto, Borrajo insiste en animar a todos os axentes sociais e á Xunta a apoiar decididamente estas iniciativas, porque é o mellor xeito de facer máis grande a o noso país. Galicia adquire outra dimensión, anteriores integrantes dos nosos programas dan a coñecer na Universidade, nos medios e na rede rusa, a nosa labor, a nosa cultura, as nosas xentes e a nosa Comunidade, proxectando a nosa imaxe.
Chary e José Jesús da Coruña, pais de 2 nenos, acolleron a unha nena rusa por primeira vez este verán. “Para nos, colaborar cunha ONG non cambia o mundo, pero o impacto positivo que para nos, os nosos fillos, e principalmente para a nosa “nova filla Tatiana” supón, si que repercute na nosa felicidade e, por tanto, axuda a ‘mellorar’ a sociedade”. Así o pensan tamén Mary Carmen e Jesús de Santiago de Compostela, que acollen a Nika, educan as súas dúas fillas na convicción de que poden cambiar o seu destino e que si todos facemos un pouco, haberase feito moito, “todos poñemos algo, incluso os medios, que este ano están falando moito deste programa e esperamos que o sigan a facer”.
Como patrocinadores do encontro están a Concellaría de Cultura e Centros Socioculturais, a Concellaría de Medio Ambiente e como empresas colaboradoras figuran Begano (Coca-Cola), Caixa Galicia Aguas de Mondariz e Gadis.
Mensualmente publicamos o nos boletín Gándara, podes descargalos desde aquí.
© 2009 Aguas de Mondariz Fuente de Val S.L. Todos os dereitos reservados. Condiciones xerais.
