Son:
Coincidindo co Ano do Libro e a Lectura en Galicia, Santiago de Compostela acolle esta semana o Primeiro Encontro Internacional de Literatura de Viaxes (LITVI), patrocinado polo Xacobeo 2010, Iberia e Aguas de Mondariz, que é a auga oficial do encontro e do ano santo compostelán.
LITVI 2010 nace como un acontecemento cultural dirixido aos amantes das viaxes e da narrativa centrada nesta temática. Trátase dun evento único sen réplica en ningún outro lugar do mundo.O obxectivo é que teña continuidade no futuro converténdose en foro de intercambio de coñecemento e nun lugar de encontro entre editores, autores e axentes literarios.
Por elo, Aguas de Mondariz, como marca centenaria vinculada desde a súa orixe á etapa de esplendor artístico e literario vivida en torno ao Balneario de Mondariz a finais do século XX e comezos do XX, quixo colaborar na celebración deste evento.
Como patrocinador oficial de Xacobeo 2010, Aguas de Mondariz quere apoiar este encontro que ten un apartado especial adicado á difusión da literatura do Camiño de Santiago.
Ademais de ter presenza en todas as roldas de prensa e actos públicos, Aguas de Mondariz ten un lugar destacado na carpa situada na Alameda de Santiago, na que danse cita os principais libreiros e editores de toda España.
Nesta carpa o visitante poderá encontrar unha exposición da serie exclusiva de seis botellas que Aguas de Mondariz lanzou ao mercado como homenaxe ao Camiño de Santiago. Cada unha destas seis botellas está adicada a unha das principais etapas do camiño francés. Se estás interesado en coñecelas podes facelo no seguinte link: https://www.aguasdemondariz.com/catalogo/promociones/botella-coleccionable-mondariz-xacobeo-2010-campus-estelae-retornable-natural
Mensualmente publicamos o nos boletín Gándara, podes descargalos desde aquí.
© 2009 Aguas de Mondariz Fuente de Val S.L. Todos os dereitos reservados. Condiciones xerais.
