Facebook aguasdemondariz Twitter @YoAguaMondariz Pinterest aguasdemondariz Flickr mondarizenelmundo Youtube AguasMondariz Instagram aguasdemondariz
FEITOS CUNHA AUGA TAN BOA QUE NON PODÍA SER SÓ AUGA

Son:

FEITOS CUNHA AUGA TAN BOA QUE NON PODÍA SER SÓ AUGA

A nosa auga é máis que auga. É saúde, é benestar, é calidade, é orixe. E con esta auga creamos uns refrescos únicos. Os nosos refrescos Mondariz.

Presentámosche a nosa gama de refrescos saudables, elaborados todos eles con auga mineral Mondariz e sen azucres; unhas bebidas que che sorprenderán polo seu excelente sabor, calidade e baixísimo aporte calórico.

Mondariz Sport está elaborado con auga mineral natural Mondariz e non contén azucres. As sales minerais que contén esta bebida refrescante sen gas axudan a tonificar o organismo e complementan a hidratación de persoas que fan exercicio físico. Preséntase en formato de lata de 33cl, en botella de vidrio de 33 cl en en botella PET de 50 cl e destaca especialmente o ton azul combinado á súa vez con brancos e dourados, cores que forman parte da marca.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Mondariz Premium Cola está elaborada con auga mineral natural Mondariz, con aromas naturais e non contén azucres. Un refresco Premium, destinado a persoas que queren gozar de todo o sabor dunha cola máis natural e saudable. Os test de produto que se realizaron a consumidores foron moi positivos, superando ao resto de produtos cos que se comparou en canto a sabor e deseño de envase. O devandito envase, aposta pola elegancia que aporta a combinación das cores negro, branco, dourado e un suave toque de burdeos que se funde á perfección cun distinguido deseño. O refresco é ideal para tomar só ou combinado e preséntase en formato de lata de 33cl e en botella de vidro de 33cl.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Mondariz Té Premium está elaborado con auga mineral natural Mondariz e non contén azucre. Esta bebida, sabor limón, está pensada para todas aquelas persoas que queren gozar de todo o sabor e a personalidade dun bo té. Preséntase en formato de lata de 33cl e en botella de vidrio de 33 cl. O envase, unha alegoría á naturalidade da planta do té, destaca polo seu intenso amarelo que evoca as notas cítricas do limón que se equilibra coa neutralidade e elegancia do negro.

 

 

 

 
 
 

Mondariz Refrescos

© 2009 Aguas de Mondariz Fuente de Val S.L. Todos os dereitos reservados. Condiciones xerais.