Son:
A auga mineral natural é única e pura dende a súa orixe e posúe unhas características saudables.
Cada auga mineral natural sempre aporta os mesmos minerais e o mesmo sabor grazas á súa composición constante. Isto permite ao consumidor a selección das marcas que lle aportan o que precisa.
O gran valor da auga mineral natural é que se envasa tal e como se extrae do subsolo. Non admite tratamento químico nin microbiolóxico para o seu consumo porque é pura en orixe e sa por natureza.
A auga mineral natural non aporta calorías, por iso é ideal para levar uns hábitos de vida saudables. Ademais, ofrece unha forma sa e natural de hidratación en calquera momento ou lugar.
As empresas adicadas ao envasado de auga mineral natural realizan unha intensa e activa labor de protección da natureza, coidando os acuíferos e asegurando que se mantén o equilibrio natural dos mesmos.
© 2009 Aguas de Mondariz Fuente de Val S.L. Todos os dereitos reservados. Condiciones xerais.
