Son:
1. Beber un ou dous vasos de auga mineral nada máis levantarse axuda a conseguir unha mellor hidratación e limpar o organismo.
2. Recoméndase beber dous litros de auga ao día.
3. Beber auga mineral durante as comidas estimula as papilas gustativas permitindo apreciar tódolos matices de sabor de cada prato e dos viños.
4. A auga que bebemos durante as comidas non debe estar fría xa que reduce a temperatura do estómago e prolonga a dixestión.
5. A auga mineral nunca debe servirse con xeo, xa que se altera a composición orixinal da auga. Para evitar esta práctica, as botellas deben servirse frías pero sen exceso, aproximadamente 17 grados, xa que de xeito contrario sería imposible apreciar o seu auténtico sabor.
6. A temperatura ideal para servir a auga mineral con gas son 4 grados.
7. Xamais deben reutilizarse os envases para enchelos con outro tipo de produtos diferentes á auga mineral orixinaria.
8. Antes de servir auga en calquera vaso é recomendable aclaralo, sobre todo cando se acaban de sacar do lavavaixelas pola calor.
9. A auga envasada debe servirse en copas con base ancha, certa altura e boca lixeiramente máis estreita.
10. Non debe aceptarse ningún envase que non fose aberto en presenza do consumidor ou sen etiqueta.
© 2009 Aguas de Mondariz Fuente de Val S.L. Todos os dereitos reservados. Condiciones xerais.
