Facebook aguasdemondariz Twitter @YoAguaMondariz Pinterest aguasdemondariz Flickr mondarizenelmundo Youtube AguasMondariz Instagram aguasdemondariz
Proceso

Son:

Proceso

A captación, conducións e depósitos foron deseñados e construídos con materiais de alta calidade, que garanten a axeitada conservación das propiedades naturais da auga.

As características e condicións da captación inflúen directamente na calidade (sabor, olor e aspecto) da auga que se extrae. Illar a parte superficial das sondaxes resulta de gran utilidade para manter constante a composición da auga ao longo de todas as estacións do ano. Deste xeito conséguese unha estabilidade en tódolos sentidos:

   - O sabor é constante ao presentar a mesma composición ao longo do tempo.

   - Elimínanse sabores desagradables procedentes das capas superficiais do solo.

   - Os mananciais profundos corresponden a augas moi antigas e en consecuencia, con maior grao de filtración natural, o que concede unha maior transparencia á auga.

   - Conséguense augas cun maior contido en minerais.

Os labores de extracción realízanse de xeito controlado, para evitar o deterioro da calidade da auga e/ou dos seus caudais. Para iso dispoñen de avaliacións previas do caudal natural dos mananciais, de sondaxes piezométricas, así como de sistemas automáticos de extracción e control que garanten un desenvolvemento sustentable da explotación.

O establecemento dun perímetro de protección, garante o control das actividades no entorno dos mananciais, xa que se avalían e controlan as actividades susceptibles de provocar unha alteración nas propiedades da auga.

foto home: 
 
 
 

© 2009 Aguas de Mondariz Fuente de Val S.L. Todos os dereitos reservados. Condiciones xerais.