Entrar
Premios

Son:

Premios

Ao longo da súa historia, Augas de Mondariz obtivo numerosos recoñecementos internacionais que a fixeron provedora oficial da Casa Real nos séculos XIX y XX.

Recoñecementos Internacionais

  • - Exposición Universal de Barcelona
  • - Exposición Universal de Bruselas
  • - Exposición Universal de París
  • - Exposición Internacional de Madrid
  • - Exposición Internacional de Génova
  • - Exposición Internacional de Karlsbad
  • - Exposición Internacional de Londres
  • - Exposición Internacional de Amsterdam
  • - Exposición Internacional de Amberes
  • - Exposición Internacional de Milano
  • - Exposición Internacional de Sevilla
  • - Gran Concurso Comercial e Industrial de Madrid

Proveedor de la Casa Real Española 1888, S.M Reina Doña María Cristina

Proveedor de la Casa Real Española 1924, S.M. Rey Don Alfonso XII

Superior Taste Award (ITQI) – The International Taste and Quality Institute of Bruxelles
Superior Taste Award (ITQI) – The International Taste and Quality Institute

Aguas de Mondariz: Recoñecida internacionalmente como unha das mellores augas do mundo

Durante 2011, Aguas de Mondariz foi galardoada unha vez máis cos premios Superior Taste Award 2011 (Premios ao Sabor Supremo 2011), outorgados polo Instituto Internacional de Sabor e Calidade (International Taste & Quality Institue, (iTQi). Nesta edición, Aguas de Mondariz obtivo o “Crystal Taste Award 2011”, máximo galardón internacional que certifica que o produto foi cualificado de “Excepcional”, segundo a avaliación realizada a cegas por tres paneis de xuíces ao longo dos tres últimos anos consecutivos. Aguas de Mondariz convértese así na primeira marca española de bebidas de auga envasada en obter este premio de referencia internacional.

O xurado do International Taste & Quality Institute (iTQi) concedeu a Aguas de Mondariz o “Crystal Taste Award 2011”, que supón o maior recoñecemento e proba consistente de excelencia, que certifica só a aqueles produtos que obteñen unha cualificación de “Excepcional”, segundo a avaliación realizada por tres paneis de xuíces diferentes ao longo dos tres últimos anos.

Dende 1873, as augas de Mondariz gozaron do recoñecemento mineromedicinal polas súas especiais condicións, converténdose hoxe en día nun referente de nivel internacional pola súa calidade e pureza. O enriquecemento natural especial da auga de Mondariz procede da súa profundidade e antigüidade, froito do filtrado ao longo de máis de 150 anos a través das rocas graníticas características deste subsolo.

Instituto Internacional de Sabor e Calidade de Bruxelas

O iTQi (Instituto Internacional de Sabor e Calidade) de Bruxelas é unha organización independente formada por destacados chefs e sumilleres de distintos países creada para analizar, xulgar e promover os mellores alimentos e bebidas de todo o mundo. Con tal finalidade, instauraron uns premios que anualmente distinguen aos mellores sabores.

Nesta edición dos seus prestixiosos Premios ao sabor superior participaron 906 produtos de 53 países, que foron avaliados por un xurado composto por 140 chefs e sumilleres. Estes profesionais proceden de doce das institucións culinarias máis prestixiosas e recoñecidas de Europa, como son os Maîtres Cuisiniers de Francia e Bélxica, Academy of Culinary Arts, a Federación de Asociacións de Cociñeiros, Académie Culinaire de Francia, Asociacións de Cociñeiros de España, Jeunes Restaurateurs d’Europe, Federazione dei Cuochi italiana, Hellenic Chef’s Association, Verband der Köche Deutschlands, Euro-Toques e a Association de la Sommellerie Internationale (ASI).

Cada un dos membros do xurado foi seleccionado polo recoñecemento unánime do seu talento en guías como Michelin ou Gault Millau, pola súa longa experiencia na degustación e a súa capacidade para describir detalladamente as características de sabor dos produtos e suxerir posibles melloras no informe de análise sensorial. No proceso de avaliación, os produtos son degustados a cegas, sen envoltorio e sen ningún tipo de identificación, por reputados chefs e sumilleres (líderes de opinión en materia de análise de sabores) pertencentes ás asociacións culinarias e de sumilleres máis prestixiosas de Europa. Cada xuíz realiza unha análise sensorial do produto e asígnalle unha puntuación que reflicte a sensación global do pracer hedonista, que é o factor con maior valor na puntuación final, así como outros criterios como o aspecto visual, o olor, a textura e o sabor ou gusto na boca.

Ademais, e para maximizar a obxectividade das avaliacións, o iTQi organiza as catas eliminando as interaccións entre os membros do xurado, introducindo a presentación dos produtos a cegas e de xeito anónimo e incluíndo paneis moi grandes de xuíces de diferentes nacionalidades.

Medallas

 
 
 

© 2009 Aguas de Mondariz Fuente de Val S.L. Todos os dereitos reservados. Condiciones xerais.

Verisign