Son:
A planta de envasado de Aguas de Mondariz localízase no termo municipal de Mondariz (Pontevedra), á beira do río Tea nun entorno declarado pola Unión Europea como Zona Especial para a Conservación dentro da Rede Natura 2000.
Os mananciais atópanse protexidos por un perímetro de protección mineira de 40 millóns de metros cadrados para evitar o deterioro da calidade das augas e dos seus caudais.
A protección do entorno é unha das prioridades da xestión de Aguas de Mondariz. Tódalas actividades son planificadas e avaliadas cun enfoque ambiental para que se desenvolvan co menor impacto posible.
A súa aposta polo desenvolvemento sustentable levou a Aguas de Mondariz, a certificar os seus procesos baixo os parámetros establecidos na norma internacional ISO 14001. Ademais o seu Sistema de Xestión Ambiental, foi recoñecido co EMAS (Eco-Management and Audit Scheme), o Regulamento Comunitario de Ecoxestión e Ecoauditoría que recoñece a aquelas organizacións que teñen implantado un SGMA (Sistema de Xestión Medioambiental) e adquiriron un compromiso voluntario de mellora continua, verificado mediante auditorías independentes.
Aguas de Mondariz é a primeira empresa española do sector en acadar ámbalas dúas certificacións.
© 2009 Aguas de Mondariz Fuente de Val S.A. Todos os dereitos reservados. Condiciones xerais. Diseño web ideup!