Facebook aguasdemondariz Twitter @YoAguaMondariz Pinterest aguasdemondariz Flickr mondarizenelmundo Youtube AguasMondariz Instagram aguasdemondariz
O balneario

Son:

O balneario

O Balneario de Mondariz, foi un dos máis importantes de España, polo menos ata a primeira década do século XX. O establecemento inicia a súa historia en 1873, cando as súas augas son declaradas de utilidade pública a iniciativa dos seus propietarios, os irmáns Enrique e Ramón Peinador.

Na actualidade o Balnerario de Mondariz conta cunhas modernas instalacións dotadas das máis avanzadas técnicas de aplicación de augas mineiromedicinais con indicación para afeccións do aparello locomotor, lesións deportivas, disfuncións nerviosas ou dixestivas, estres, adelgazamento ou simplemente para relaxarse.

O Palacio da Auga é unha instalación do complexo do Balneario de Mondariz que conta cunha piscina central, unha piscina con xogos para nenos, saunas, así como unha zona de relax e repouso. Completando o circuíto, unha piscina de auga quente e sauna seca ao aire libre. O centro consta de tres plantas, ocupando un total de 3.000 metros cadrados para uso termolúdico.

foto home: 
 
 
 

© 2009 Aguas de Mondariz Fuente de Val S.L. Todos os dereitos reservados. Condiciones xerais.