Facebook aguasdemondariz Twitter @YoAguaMondariz Pinterest aguasdemondariz Flickr mondarizenelmundo Youtube AguasMondariz Instagram aguasdemondariz
Localización

Son:

Localización

Os mananciais atópanse nos termos municipais de Mondariz e Mondariz Balneario (Pontevedra), na conca hidroxeográfica do río Tea, afluínte do Miño. As surxencias localízanse nas proximidades da confluencia dos regatos Xabriña e Aboal.

A natureza granítica do sustrato polo que circulan as augas determina a súa composición característica e apórtanlle á auga unhas cualidades intrínsecas e beneficiosas para a saúde. As análises isotópicas poñen de manifesto que se trata de augas moi antigas (fluxo profundo), cuios tempos de permanencia no acuífero (residencia hidráulica) oscilan entre os 60 e os 150 anos, e que brotan cunha temperatura constante de 16,5ºC ao longo de todo o ano.

A riqueza tradicional das fontes foi protexida co establecemento dun perímetro de protección mineira, entendido como un recinto no que a actividade humana debe ser planificada e controlada, para evitar o deterioro da calidade das súas fontes e/ou dos seus caudais. Para iso, e ao longo dos últimos anos, Mondariz investiu parte dos seus beneficios na investigación hidroxeolóxica deste entorno, en colaboración cos máis prestixiosos profesionais do sector.

Este entorno termal está situado á beira do río Tea, considerada pola Comisión Europea como zona de especial protección dos valores naturais REDE NATURA, o que contribúe a establecer unha sinerxia positiva na protección do acuífero.

destacado home: 
Yes
foto home: 
Localización o manancial
titular home: 
Localización o manancial
entradilla home: 
Os mananciais atópanse nos termos municipais de Mondariz e Mondariz Balneario (Pontevedra), na conca hidroxeográfica do río Tea, afluínte do Miño. As surxencias localízanse nas...
 
 
 

© 2009 Aguas de Mondariz Fuente de Val S.L. Todos os dereitos reservados. Condiciones xerais.