Facebook aguasdemondariz Twitter @YoAguaMondariz Pinterest aguasdemondariz Flickr mondarizenelmundo Youtube AguasMondariz Instagram aguasdemondariz
Historia o manancial

Son:

Historia o manancial

A historia de Mondariz xira en torno á explotación das súas augas mineiro medicinais. Existen interpretacións documentais que relacionan a Mondariz coa antiga vila romana de Búrbida e que indican que os antigos moradores do Castelo do Sobroso coñeceran e utilizaran estas augas nunhas instalacións que foron destruídas na Batalla de Uclés (século XII).

O rexurdir das augas (no século XIX) débese, en primeira instancia, a D. Domingo Branco Laxe, médico mondarizano que observou como os seus veciños curaban as súas feridas dermatolóxicas empregando estas augas, que posteriormente utilizou con fins terapéuticas no desenvolvemento da súa profesión.

Pero os anos de gran esplendor chegaron da man de D. Enrique Peinador Vela e a súa familia. No ano 1873 acádase a Declaración de Utilidade Pública da auga e dende o ano 1877 envásase a auga mineral na planta de envasado (situada nese momento nun edificio anexo ao manancial).

Durante moitos anos a nosa actividade desenvolveuse paralelamente á do Balneario de MONDARIZ, o máis moderno centro balnearioterápico de Galicia, que está situado no val do Tea.

Dos beneficios terapéuticos da Auga de Mondariz gozaron, ao longo da historia, os personaxes máis ilustres do século pasado, como Isaac Peral e Echegaray, Arniches, Primo de Rivera, Castelao, W. Fernández Flórez, Castelar....

"Isto non é un balneario: é o Palacio das Augas" afirmou o Premio Nobel José de Echegaray ao coñecer os efectos saudables das augas de Mondariz.

 
 
 

© 2009 Aguas de Mondariz Fuente de Val S.L. Todos os dereitos reservados. Condiciones xerais.