Facebook aguasdemondariz Twitter @YoAguaMondariz Pinterest aguasdemondariz Flickr mondarizenelmundo Youtube AguasMondariz Instagram aguasdemondariz
Historia de Auga de Mondariz

Son:

Historia de Auga de Mondariz

Dende as súas orixes, a historia de Aguas de Mondariz xira en torno á explotación das súas augas mineiromedicinais.

En 1873 obtense a Declaración de Utilidade Pública da auga de Mondariz e dende 1877 envásase a auga mineral na planta de envasado situada nese momento no edificio anexo ao manancial.

Durante moitos anos a actividade da compañía desenvolveuse paralelamente á actividade do Balneario, o máis moderno centro balnearioterápico de Galicia situado no privilexiado val do Tea.

A crecente demanda dos auguistas que visitaban o Balneario foi determinante para que se iniciara o embotellamento e comercialización da auga dos seus mananciais, creándose un negocio de recoñecido prestixio, paralelo á actividade termal. Ámbolos dous negocios manteñen hoxe a súa independencia e continúan sendo referentes en cada un dos seus ámbitos.

Mondariz converteuse nun dos centros hidroterápicos máis importantes de España, sendo durante diferentes reinados provedora da Casa Real Española. Dos beneficios terapéuticos da Auga de Mondariz gozaron as personaxes máis ilustres do século pasado, como Isaac Peral e Echegaray, Arniches, Primo de Rivera, Castelao, Wenceslao Fernández Flórez, Castelar....

Aínda que no seu inicio a planta de envasado atopábase situada nun edificio anexo ao manancial, tras unha reorganización do complexo para a ampliación e mellora das instalacións e servizos do Balneario, Aguas de Mondariz atópase hoxe localizada á beira do río Tea, no termo municipal de Mondariz, na provincia de Pontevedra. Esta contorna, pertencente á REDE NATURA, está especialmente protexida polos seus valores naturais.

cabecera: 
foto home: 
La historia de Mondariz
titular home: 
La historia de Mondariz
entradilla home: 
La historia de Mondariz
 
 
 

© 2009 Aguas de Mondariz Fuente de Val S.L. Todos os dereitos reservados. Condiciones xerais.