Filosofía

Son:

Filosofía

En Aguas de Mondariz cremos firmemente nun modelo de negocio de explotación e envasado de auga mineral sustentable. Somos unha compañía cun sólido compromiso coa protección do entorno, tanto no seu contexto social como ambiental.

Aguas de Mondariz achega a tódolos seus consumidores non só un produto da máis alta calidade, senón unha traxectoria e unha historia que a avalan como empresa e como entidade preocupada polo seu entorno e os colectivos que o forman.

Poñemos a tecnoloxía a disposición do consumidor. En Aguas de Mondariz traballamos cunha tecnoloxía única que garante que o primeiro contacto humano co produto faino o consumidor final.

A calidade é a nosa razón de ser. Aguas de Mondariz recibiu numerosos premios e recoñecementos, tanto nacionais como internacionais, entre os que destacan a distinción Galicia Calidade en 1998 e o máximo recoñecemento do International Taste and Quality Institute na última edición dos “Superior Taste Award”, en maio de 2009. Adicionalmente, a calidade do noso sistema está certificada polas certificacións internacionais de Xestión de Calidade ISO 9001, de Xestión Ambiental ISO 14001 e a certificación europea EMAS (Eco-Management and Audit Scheme).

As persoas son a nosa prioridade. En Aguas de Mondariz consideramos que os nosos traballadores son o noso mellor valor, por iso centramos a nosa política laboral na mellora da súa calidade de vida con accións de mellora continua, como a promoción da conciliación da vida laboral e familiar, ou o desenvolvemento de numerosas iniciativas sociais, dirixidas tanto a empregados, como a familiares.

A protección do entorno constitúe o valor máis importante na xestión dos procesos de Mondariz. Tódalas actividades que realizamos pasan por rigurosos controles ambientais co obxectivo de reducir ao máximo o seu impacto sobre o acuífero e os seus arredores.

cabecera: 
 
 
 

teu mondariz

Entra no mundo da auga Mondaríz

balneario de mondariz

© 2009 Aguas de Mondariz Fuente de Val S.A. Todos os dereitos reservados. Condiciones xerais. Diseño web ideup!