Facebook aguasdemondariz Twitter @YoAguaMondariz Pinterest aguasdemondariz Flickr mondarizenelmundo Youtube AguasMondariz Instagram aguasdemondariz
Envases

Son:

Envases

Aguas de Mondariz dispón de seis liñas de envasado: catro en envases de plástico e dous en vidro.

Mondariz foi a primeira empresa española en substituír o envasado PVC polo PET (tereftalato de polietileno). A total reciclabilidade do PET (100%) e o seu peso reducido, convérteo nun dos materiais máis axeitados para a conservación do ambiente.

Na liña de vidro púxose en marcha un Plan de Melloras encamiñado á optimización de recursos co obxectivo de eliminar aqueles formatos máis custosos ambientalmente, nos que a ratio do peso do envase por auga contida é maior. Ademais leváronse a cabo distintas medidas.

Ao longo dos últimos anos, Aguas de Mondariz introduciu melloras nos seus envases e embalaxes en favor do desenvolvemento sustentable:

   - Nos últimos 10 anos o gramaxe da botella reduciuse nun 10%.

   - O consumo de papel e as tintas en etiquetas diminuíu un 55%.

   - Dende 1998 leváronse a cabo diferentes actuacións sobre os embalaxes como a redución de cores ou o gramaxe e o tamaño das caixas.

   - Adaptouse o tamaño dos tapóns para reducir nun 20% o consumo de plástico.

   - Redución do consumo de PET en máis dun 10%.

   - Redución de emisións por transporte.

 
 
 

© 2009 Aguas de Mondariz Fuente de Val S.L. Todos os dereitos reservados. Condiciones xerais.