Facebook aguasdemondariz Twitter @YoAguaMondariz Pinterest aguasdemondariz Flickr mondarizenelmundo Youtube AguasMondariz Instagram aguasdemondariz
Definicións

Son:

Definicións

As augas minerais naturais son augas únicas, de orixe subterránea, puras dende a súa orixe e que manteñen unha composición constante, características que as diferencia do resto das augas. A súa composición mineral permanece inalterable e vén determinada polo tipo de rocha pola que discorre, polo tempo de permanencia no subsolo e pola temperatura que teña no acuífero en profundidade.

A auga mineral obtense de mananciais naturais e se caracteriza pola súa pureza orixinal tanto química coma microbiolóxica. A súa orixe subterránea confírelle minerais, oligo-elementos e outras compoñentes con efectos sobre o corpo humano, ademais, garante a súa protección fronte á polución química.

A auga mineral é auga bacteriolóxicamente sa, de orixe subterránea, cunha composición caracterizada por un contido de sales minerais, e cunha pureza orixinal que conserva intactas estas características no tempo e presenta uns determinados efectos sobre o organismo.

Cando se fala de auga mineral natural, faise referencia ás augas que conteñen non só sales e minerais, senón que teñen ademais propiedades naturais, que xorden da fonte da que foron obtidas.

Trátase dunha auga que ten en disolución minerais, dos que se enriqueceu pola súa filtración a través da terra.

cabecera: 
 
 
 

© 2009 Aguas de Mondariz Fuente de Val S.L. Todos os dereitos reservados. Condiciones xerais.