Facebook aguasdemondariz Twitter @YoAguaMondariz Pinterest aguasdemondariz Flickr mondarizenelmundo Youtube AguasMondariz Instagram aguasdemondariz
Datos económicos

Son:

Datos económicos

datos económicosCifra de negocio. En 2008, a cifra de negocio de Aguas de Mondariz superou os 20 millóns de euros entre o mercado nacional, internacional e as ventas a empresas vencelladas. Actualmente, é a empresa líder do sector no noroeste de España e móvese nas primeiras posicións do ránking nacional.

Produción. Cada ano, Aguas de Mondariz envasa máis de 98 millóns de litros de auga mineral natural, que comercializa por todo o mundo en forma de 140 millóns de botellas.

Emprego. Aguas de Mondariz conta cun persoal medio de 112 empregados con carácter permanente. Debido á estacionalidade do sector, o número de postos de traballo directos oscila segundo a época do ano, chegando a acadar, nos meses de verán, ata 160 empregados. Máis do 85% dos traballadores da compañía proceden dos concellos de Mondariz e Mondariz-Balneario, na liña ao compromiso que a empresa mantén dende as súas orixes co entorno que a rodea e as persoas que forman parte do mesmo.

De xeito adicional, a actividade da compañía permite xerar máis de 200 postos de traballo indirectos.

cabecera: 
 
 
 

© 2009 Aguas de Mondariz Fuente de Val S.L. Todos os dereitos reservados. Condiciones xerais.