Facebook aguasdemondariz Twitter @YoAguaMondariz Pinterest aguasdemondariz Flickr mondarizenelmundo Youtube AguasMondariz Instagram aguasdemondariz
Condicións xerais

Son:

Condicións Xerais de Uso

As presentes Condicións Xerais de Uso (en diante, “as Condicións Xerais”) rexen o acceso e o emprego, por parte do Usuario, do Sitio Web www.aguasdemondariz.com (en diante, “o Sitio Web”). Por medio da aceptación das presentes Condicións Xerais, o Usuario manifesta:

- a. Que leu, entende e comprende o aquí exposto.

- b. Que asume tódalas obligacións aquí dispostas.

A utilización do Sitio Web atribúe a condición de Usuario do Sitio Web (en diante, “o “Usuario”) e implica a aceptación de tódolos termos incluídos nestas Condicións Xerais. O Usuario debe ler atentamente as presentes Condicións Xerais cada vez que acceda ao Sitio Web, xa que éste e ditas Condicións Xerais poden sufrir modificacións.

O titular do Sitio Web resérvase a facultade de realizar, en calquera momento e sen necesidade de preaviso, calquera modificación ou actualización dos seus contidos e servizos; das presentes Condicións Xerais e, en xeral, de cantos elementos integren o deseño e configuración do Sitio Web.

1. Información xeral do Sitio Web

O cumplimento do establecido polo artigo 10 da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico (en diante, “LSSICE”), a continuación ofrécese a información xeral do Sitio Web:

Titular: AGUAS DE MONDARIZ FUENTE DE VAL, S.A. (en adelante, “AGUAS DE MONDARIZ”).

Domicilio social: Avda del Val s/n. 36870. Mondariz, Pontevedra. España.

C.I.F.: A36000107

E-mail: Mondariz@aguasdemondariz.com - Calidad@aguasdemondariz.com

Teléfono: 986656076

Datos rexistrales: Libro 20, F. 178, folla Nº640 REXISTRO MERCANTIL DE PONTEVEDRA.

2. Condicións de Uso

2.1. Acceso ao Sitio Web

O acceso ao Sitio Web é de balde salvo no relativo ao custo da conexión a través da rede de telecomunicacións suministrada polo provedor de acceso contratado polo Usuario.

2.2. Necesidade de Rexistro

Con carácter xeral, para o acceso aos contidos do Sitio Web non será necesario o Rexistro do Usuario. Non obstante, a utilización de determinados servizos e contidos poderá estar condicionada ao Rexistro previo do Usuario; para iso o Usuario deberá rexistrarse con carácter previo enchendo o formulario ("Teu Mondariz"). Os datos introducidos polo Usuario deberán ser exactos, actuais e veraces en todo momento.

O Usuario rexistrado será responsable en todo momento da custodia do seu password, asumindo en consecuencia calesquera danos e prexuízos que puidesen derivarse do seu uso indebido, así como da cesión, revelación ou extravío do mesmo. A estes efectos, o acceso a áreas restrinxidas e/ou o uso dos servizos e contidos realizados baixo o password dun Usuario rexistrado reputaránse realizados por dito Usuario rexistrado, quen responderá en todo caso de dito acceso e uso.

Durante o procedemento de rexistro, o Usuario, poderá subir un avatar que irá asociado ao seu nome de usuario e que o identificará visualmente no Sitio Web. Neste sentido, o Usuario afirma dispoñer de tódolos dereitos de propiedade intelectual sobre a imaxe subida, obrígase a asumir toda reclamación ou responsabilidade, incluíndo indemnizacións por danos e prexuízos, que calquer terceiro poda exercitar contra AGUAS DE MONDARIZ por considerar infrinxidos os seus dereitos por calquera das accións derivadas das obligacións que o Usuario contrae directa ou indirectamente con estas Condicións Xerais.

No caso de subir unha fotografía, o Usuario manifesta que a imaxe alí reproducida é a súa propia súa empresa, no caso de Restaurantes e Bares e que, por tanto, non está realizando un uso indebido dos datos persoais de terceiros. No caso que AGUAS DE MONDARIZ teña coñecemento de que o Usuario está facendo un uso ilexítimo da imaxe dunha terceira persoa, AGUAS DE MONDARIZ procederá a eliminar dito dato persoal e informará ao Usuario do comportamento contrario ás presentes Condicións Xerais, podendo AGUAS DE MONDARIZ, denegar o acceso ao Sitio Web a dito Usuario.

Antes de facilitar no Sitio Web datos persoais relativos a terceiras persoas, o Usuario deberá obter o seu previo e expreso consentimento, informándoos dos termos contidos nas presentes Condicións Xerais.

O Usuario obrígase a manter indemne a AGUAS DE MONDARIZ ante calquera posible reclamación, multa ou sanción que poida vir obrigada a soportar como consecuencia do incumprimento por parte do Usuario do deber descrito neste parágrafo.

Asimesmo, o Usuario obrígase a manter indemne a AGUAS DE MONDARIZ ante calquera prexuízo que el ou un terceiro poidan sufrir como consecuencia da formalización da cesión de dereitos regulada nesta cláusula.

2.3. Protección de datos

AGUAS DE MONDARIZ declara que cumpre coa normativa vixente relacionada coa Protección de Datos, en particular coa Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, sobre Protección de Datos de Carácter Persoal, así como co Real Decreto 1720/2007 do 21 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do desenvolvemento da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal.

O Usuario declara que toda a información facilitada é certa, completa e precisa e de acordo coa Lei Orgánica de Protección de Datos e autoriza expresamente a AGUAS DE MONDARIZ para introducir nun ficheiro os datos de carácter persoal que figuren nos formularios que cumprimentara para rexistrarse como usuario na páxina web.

O Responsable do Ficheiro é a entidade mercantil AGUAS DE MONDARIZ FUENTE DE VAL, S.A., e a efectos do exercicio dos dereitos de acceso, cancelación, rectificación ou oposición previstos na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, pónse a disposición de tódolos Usuarios o seguinte enderezo Calidad@aguasdemondariz.com.

O Usuario que desexe exercer os dereitos anteriormente enumerados deberá enviar unha solicitude escrita ao enderezo postal anteriormente indicado adxuntando fotocopia do seu D.N.I.

O envío e a remisión de datos que realice o Usuario a través da Web atópase protexida polas medidas de índole técnica e organizativas necesarias en función do nivel de seguridade aplicable sobre os datos que se traten. Asimesmo, os datos suministrados e almacenados nas nosas bases de datos atópanse igualmente protexidos por sistemas de seguridade que impiden o acceso de terceiros non autorizados aos mesmos.

2.4. Normas de utilización do Sitio Web

O Usuario obrígase a utilizar o Sitio Web e todo o seu contido e servizos conforme ao establecido na lei, a moral, a orde pública e nas presentes Condicións Xerais. Asimesmo, obrígase facer un uso axeitado dos servizos e/ou contidos do Sitio Web e a non empregalos para realizar actividades ilícitas ou constitutivas de delicto, que atenten contra os dereitos de terceiros e/ou que infrinxan a regulación sobre propiedade intelectual e industrial, ou calesquera outras normas do ordenamento xurídico aplicable.

O Usuario obrígase a non transmitir, introducir, difundir e poñer a disposición de terceiros, calquera tipo de material e información (datos, contidos, mensaxes, debuxos, arquivos de son e imaxe, fotografías, software, etc.) que sexan contrarios á lei, a moral, a orde pública e as presentes Condicións Xerais. A título enunciativo, e en ningún caso limitativo ou excluínte, o Usuario comprométese a:

I.- Non introducir ou difundir contidos ou propaganda de carácter racista, xenófobo, pornográfico, de apoloxía del terrorismo ou que atenten contra os dereitos humanos.

II.- Non introducir ou difundir na rede programas de datos (virus e software nocivo) susceptibles de provocar danos nos sistemas informáticos do provedor de acceso, os seus provedores ou terceiros Usuarios da rede Internet.

III.- Non difundir, transmitir ou poñer a disposición de terceiros calquera tipo de información, elemento ou contido que atente contra os dereitos fundamentais e as liberdades públicas recoñecidos constitucionalmente e nos tratados internacionais.

IV.- Non difundir, transmitir ou poñer a disposición de terceiros calquera tipo de información, elemento ou contido que constitúa publicidade ilícita o desleal.

V.- Non transmitir publicidade non solicitada ou autorizada, material publicitario, "correo lixo", "cartas en cadea", "estruturas piramidais", ou calquera outra forma de solicitación, excepto naquelas áreas (tales como espazos comerciais) que teñan sido exclusivamente concibidas para iso.

VI.- Non introducir ou difundir calquera información ou contidos falsos, ambiguos ou inexactos de forma que induza a erro aos receptores da información.

VII.- Non suplantar a outros Usuarios utilizando as súas claves de rexistro aos distintos servizos e/ou contidos do Sitio Web.

VIII.- Non difundir, transmitir ou poñer a disposición de terceiros calquera tipo de información, elemento ou contido que supoña unha violación dos dereitos de propiedade intelectual e industrial, patentes, marcas ou copyright que correspondan aos titulares do Sitio Web ou a terceiros.

IX.- Non difundir, transmitir ou poñer a disposición de terceiros calquera tipo de información, elemento ou contido que supoña unha violación do secreto das comunicacións e a lexislación de datos de carácter persoal.

O Usuario obrígase a manter indemne a AGUAS DE MONDARIZ ante calquera posible reclamación, multa, pena ou sanción que poida vir obrigada a soportar como consecuencia do incumprimento por parte do Usuario de calquera das normas de utilización antes indicadas, reservándose, ademais, AGUAS DE MONDARIZ o dereito a solicitar a indemnización por danos e prexuízos que corresponda.

2.5. Exclusión de Responsabilidade

AUGAS DE MONDARIZ non asume ningunha responsabilidade sobre a actualización deste Sitio Web para manter a información actualizada, nin garante que a información publicada sexa precisa nin completa. Polo tanto, o Usuario debe confirmar que a información publicada sexa precisa e completa antes de tomar ningunha decisión relacionada con calquera servizo ou contido descrito neste Sitio Web.

O acceso do Usuario ao Sitio Web non implica para AUGAS DE MONDARIZ a obligación de controlar a ausencia de virus, gusanos ou calquera outro elemento informático daniño. Corresponde ao Usuario, en todo caso, a dispoñibilidade de ferramentas axeitadas para a detección e desinfección de programas informáticos daniños.

AGUAS DE MONDARIZ non se responsabiliza dos danos producidos no software e equipos informáticos dos Usuarios ou de terceiros durante a utilización dos servizos ofrecidos no Sitio Web.

AUGAS DE MONDARIZ non se responsabiliza dos danos ou prexuízos de calquera tipo producidos no Usuario que traian causa de erros ou desconexións nas redes de telecomunicacións que produzan a suspensión, cancelación ou interrupción do servizo do Sitio Web durante a prestación do mesmo ou con carácter previo.

2.6. Contidos e servizos enlazados a través do Sitio Web

O servizo de acceso ao Sitio Web inclúe dispositivos técnicos de enlace, directorios e incluso instrumentos de busca que permiten ao Usuario acceder a outras páxinas e Portais de Internet (en diante, “Sitios Enlazados”). Nestes casos, AGUAS DE MONDARIZ só será responsable dos contidos e servizos suministrados nos Sitios Enlazados na medida en que teña coñecemento efectivo da ilicitude e non teña desactivado o enlace coa dilixencia debida. No suposto de que o Usuario considere que existe un Sitio Enlazado con contidos ilícitos ou inadecuados poderá comunicarllo a AGUAS DE MONDARIZ, sen que en ningún caso esta comunicación conleve a obrigación de retirar o correspondente enlace.

En ningún caso, a existencia de Sitios Enlazados debe presupoñer a formalización de acordos cos responsables ou titulares dos mesmos, nin a recomendación, promoción ou identificación de AGUAS DE MONDARIZ coas manifestacións, contidos ou servizos providos.

AGUAS DE MONDARIZ non coñece os contidos e servizos dos Sitios Enlazados e, por tanto, non se fai responsable polos danos producidos pola ilicitude, calidade, desactualización, indispoñibilidade, erro e inutilidade dos contidos e/ou servizos dos Sitios Enlazados nin por calquera outro dano que non sexa directamente imputable a AGUAS DE MONDARIZ.

2.7. Propiedade intelectual e industrial

Tódolos contidos do Sitio Web, entendendo por estes, a título meramente enunciativo, os textos, fotografías, gráficos, imaxes, iconos, tecnoloxía, software, links e demais contidos audiovisuais o sonoros, así como o seu deseño gráfico e códigos fonte, son propiedade intelectual de AGUAS DE MONDARIZ ou de terceiros, sen que poidan entenderse cedidos ao Usuario ningún dos dereitos de explotación recoñecidos pola normativa vixente en materia de propiedade intelectual sobre os mesmos.

As marcas, nomes comerciais ou signos distintivos son titularidade de AGUAS DE MONDARIZ ou terceiros, sen que poida entenderse que o acceso ao Sitio Web atribúe algún dereito sobre os mesmos.

3. Uso de Cookies

AGUAS DE MONDARIZ, pola súa propia conta ou a dun terceiro contratado para a prestación de servizos de medición, poden utilizar cookies cando o Usuario navega polo Sitio Web. As cookies son ficheiros enviados ao navegador por medio dun servidor web coa finalidade de rexistrar as actividades do Usuario durante o seu tempo de navegación.

As cookies utilizadas polo Sitio Web asócianse únicamente cun usuario anónimo e o seu ordenador, polo que non proporcionan por sí mesmas datos persoais do Usuario.

Mediante o uso das cookies resulta posible que o servidor onde se atopa aloxado o Sitio Web recoñeza o navegador web utilizado polo Usuario, coa finalidade de que a navegación sexa máis sinxela, permitindo, por exemplo, o acceso aos usuarios que rexistraran previamente, acceder ás áreas, servizos, promocións ou concursos reservados exclusivamente a eles sen ter que rexistrarse en cada visita. Utilízanse tamén para medir a audiencia e parámetros do tráfico, controlar o progreso e número de entradas.

O Usuario ten a posibilidade de configurar o seu navegador para ser avisado da recepción de cookies e para impedir a súa instalación no seu equipo. Por favor, consulte as instrucións e manuais do seu navegador para ampliar esta información.

Para utilizar o Sitio Web non resulta necesario que o Usuario permita a instalación das cookies enviadas polo Sitio Web, ou o terceiro que actúe en nome de AUGAS DE MONDARIZ, sen prexuízo de que sexa necesario que o Usuario inicie unha sesión como tal en cada un dos servizos cuxa prestación requira o previo rexistro ou “login”.

4. Comunicacións comerciais electrónicas de terceiros

O Usuario, mediante a non marcación da cela (indicar nome), acepta expresamente e de xeito libre e inequívoco que os seus datos persoais poidan ser tratados por AGUAS DE MONDARIZ para as seguintes finalidades:

- Remisión de comunicacións comerciais vía e-mail, fax, SMS, MMS, comunidades sociais ou calquera outro medio electrónico ou físico, presente ou futuro, que posibilite realizar comunicacións comerciais.

5. Nulidade e ineficacia das cláusulas

Se calquera cláusula incluída nas presentes Condicións Xerais fose declarada total ou parcialmente, nula ou ineficaz, tal nulidade ou ineficacia tan só afectaría a dita disposición ou á parte da mesma que resulte nula ou ineficaz, subsistindo as presentes Condicións Xerais en todo o demais, considerándose tal disposición total ou parcialmente por non incluída.

6. Lexislación aplicable e xurisdición competente

Estas Condicións Xerais rexeránse ou interpretaránse conforme á lexislación española. AGUAS DE MONDARIZ e o Usuario, con renuncia expresa ao seu propio foro e ás demais xurisdicións, resolverán calquera conflito derivado ou relacionado coas presentes Condicións Xerais ante os Xulgados e Tribunais da cidade de Barcelona, España. Non obstante, naqueles supostos nos que o Usuario ostente a consideración de consumidor, segundo establece o artigo 3 do Real Decreto Lexislativo 1/2007, do 16 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral para a Defensa dos Consumidores e Usuarios e outras leis complementarias, AGUAS DE MONDARIZ someterase expresamente á xurisdición dos tribunais que sexan competentes segundo a lexislación vixente en cada momento.

 

© 2009 Aguas de Mondariz Fuente de Val S.L. Todos os dereitos reservados. Condiciones xerais.